Descargar PDF Galego | Castellano| Português

DOG - Xunta de Galicia -

Diario Oficial de Galicia
DOG Núm. 121 Martes, 28 de xuño de 2016 Páx. 27279

VI. Anuncios

a) Administración autonómica

Consellería de Facenda

RESOLUCIÓN do 13 de xuño de 2016, da Dirección Xeral da Función Pública, pola que se emprazan os interesados no recurso contencioso-administrativo D.F. 148/2016, interposto por María Luisa García Martínez.

A Dirección Xeral da Función Pública recibiu do Xulgado do Contencioso-Administrativo número 2 de Ourense providencia pola que se admite a trámite o recurso contencioso-administrativo D.F. 148/2016, interposto por María Luisa García Martínez contra a Resolución da Consellería de Facenda do 29 de abril de 2016, pola que se desestima o recurso de alzada contra o Acordo da Comisión Permanente Central que desestima a reclamación da selección de persoal interino para o Programa de activación para o emprego que tivo lugar o 1 de decembro de 2015 en Ourense e Pontevedra.

En consecuencia, esta dirección xeral acordou nesta data, de conformidade co disposto no artigo 49 da Lei 29/1998, do 13 de xullo, reguladora da xurisdición contencioso-administrativa, a remisión do correspondente expediente administrativo ao referido xulgado. O que se notifica para xeral coñecemento de todas as persoas interesadas no procedemento, que son emprazadas para que poidan comparecer como parte nos autos do Xulgado do Contencioso-Administrativo número 2 de Ourense no prazo de cinco (5) días, contados desde o seguinte ao da publicación desta resolución no Diario Oficial de Galicia.

Santiago de Compostela, 13 de xuño de 2016

José María Barreiro Díaz
Director xeral da Función Pública