Descargar PDF Galego | Castellano| Português

DOG - Xunta de Galicia -

Diario Oficial de Galicia
DOG Núm. 121 Martes, 28 de xuño de 2016 Páx. 27322

VI. Anuncios

a) Administración autonómica

Consellería de Sanidade

CÉDULA do 10 de xuño de 2016, da Xefatura Territorial da Coruña, pola que se notifica o acordo de acumulación do expediente sancionador 2016149TA-CO ao expediente 2016064TA-CO.

Coa data do 24 de maio de 2016, a xefa territorial da Consellería de Sanidade ditou acordo de acumulación do expediente sancionador 2016149TA-CO incoado a Andrés Castro Fernández ao expediente 2016064TA-CO.

Intentada a notificación deste acordo segundo o disposto no artigo 59.2º da Lei 30/1992, do 26 de novembro, de réxime xurídico das administracións públicas e do procedemento administrativo común, e non sendo posible a súa práctica, por medio desta cédula e ao abeiro do disposto no número 5 do devandito artigo, notifícase a Andrés Castro Fernández o contido do dito acordo que figura como anexo para que poida ter coñecemento del.

Esta cédula expídese para que conste e lle sirva de notificación ao interesado, en cumprimento do disposto co artigo 59.5º da Lei 30/1992, do 26 de novembro, modificado pola Lei 15/2014, do 16 de setembro (BOE nº 226, do 17 de setembro de 2014).

A Coruña, 10 de xuño de 2016

Cristina Pérez Fernández
Xefa territorial da Coruña

ANEXO

Nº expediente: 2016149TA-CO.

Interesado/a: Andrés Castro Fernández, (Club Kotton).

DNI/NIF/CIF: 32786738P.

Último enderezo coñecido: Ribeira Sacra, nº 5, p 2º D, Mesoiro, 15190 A Coruña.

Contido: acordo de acumulación do expediente 2016149TA-CO ao expediente 2016064TA-CO.