Descargar PDF Galego | Castellano| Português

DOG - Xunta de Galicia -

Diario Oficial de Galicia
DOG Núm. 120 Luns, 27 de xuño de 2016 Páx. 27156

VI. Anuncios

a) Administración autonómica

Consellería do Mar

ANUNCIO do 9 de xuño de 2016, da Xefatura Territorial da Coruña, polo que se notifica o inicio do expediente PSC-FE-0252/2015-PPM e doce máis.

De conformidade co disposto nos artigos 59.5º e 61 da Lei 30/1992, do 26 de novembro, de réxime xurídico das administracións públicas e do procedemento administrativo común (BOE núm. 285, do 27 de novembro), logo de intentada sen éxito a notificación persoal a través do servizo de Correos, notifícaselles ás persoas interesadas que se sinalan no anexo deste anuncio o inicio do expediente PSC-FE-0252/2015-PPM e doce máis.

A eficacia do acto queda supeditada á súa publicación no taboleiro de edictos único do Boletín Oficial del Estado, polo que o prazo para presentar alegacións se computará desde esa publicación.

As persoas interesadas poderán comparecer nas oficinas da sede da Xefatura Territorial da Consellería do Mar, sitas na avenida Gerardo Harguindey Banet, 2, Viveiro, das 9.00 ás 14.00 horas, de luns a venres, para o coñecemento íntegro do acordo de inicio e constancia de tal coñecemento.

O procedemento desenvolverase de conformidade co principio de acceso permanente. Para estes efectos, en calquera momento do procedemento as persoas interesadas teñen dereito a coñecer o seu estado de tramitación e a acceder e obter copias dos documentos contidos nel, ao abeiro do artigo 3.1 do Real decreto 1398/1993, do 4 de agosto (BOE núm. 189, do 9 de agosto).

Sen prexuízo do anterior, as persoas interesadas dispoñen dun prazo de quince (15) días para achegaren cantas alegacións, documentos ou informacións xulguen pertinentes e, se é o caso, propoñeren proba concretando os medios de que pretendan valerse, segundo o disposto no artigo 16.1 do Real decreto 1398/1993, do 4 de agosto.

De non efectuaren alegacións sobre o contido da iniciación do procedemento no prazo previsto no artigo 16.1 citado, a iniciación poderá ser considerada proposta de resolución, cos efectos previstos para esta nos artigos 18 e 19 do Real decreto 1398/1993, do 4 de agosto, de conformidade co establecido no artigo 13.2 dese real decreto.

A Coruña, 9 de xuño de 2016

Juan Carlos Barreiro González
Xefe territorial da Coruña

ANEXO

Expediente: PSC-FE-0252/2015-PPM .

Persoa interesada: Alejandro López Bustabad.

Acto de notificación: inicio.

Último enderezo coñecido: r/ Emilia Pardo Bazán, 54 B, nº 47, 1º C, Ferrol.

Expediente: PSC-FE-0003/2016-PPM.

Persoa interesada: Iván Giménez Jiménez.

Acto de notificación: inicio.

Último enderezo coñecido: O Galiñeiro, 23, A Pedreira, Mugardos.

Expediente: PSC-FE-0013/2016-PPM.

Persoa interesada: Germán Salazar Jiménez.

Acto de notificación: inicio.

Último enderezo coñecido: Pazos, 48 C, Serantes, Ferrol.

Expediente: PSC-FE-0016/2016-PPM.

Persoa interesada: Moisés Salazar Montoya.

Acto de notificación: inicio.

Último enderezo coñecido: Pazos, 48 C, Serantes, Ferrol.

Expediente: PSC-FE-0017/2016-PPM.

Persoa interesada: Manuel Salazar Vargas.

Acto de notificación: inicio.

Último enderezo coñecido: As Cancelas, 48, Serantes, Ferrol.

Expediente: PSC-FE-0018/2016-PPM.

Persoa interesada: María Ángeles Camacho Barrul.

Acto de notificación: inicio.

Último enderezo coñecido: Freixeiro, s/n, Ferrol.

Expediente: PSC-FE-0019/2016-PPM.

Persoa interesada: Eliseo Jiménez Salazar.

Acto de notificación: inicio.

Último enderezo coñecido: Pazos, 48 C, Serantes, Ferrol.

Expediente: PSC-FE-0020/2016-PPM.

Persoa interesada: Josué Salazar Suárez.

Acto de notificación: inicio.

Último enderezo coñecido: Pazos, 48 C, Serantes, Ferrol.

Expediente: PSC-FE-0021/2016-PPM.

Persoa interesada: Daniel Jiménez Borja.

Acto de notificación: inicio.

Último enderezo coñecido: O Portiño, 1, baixo, A Coruña.

Expediente: PSC-FE-0024/2016-PPM.

Persoa interesada: Estefanía Salazar Romero.

Acto de notificación: inicio.

Último enderezo coñecido: r/ Mestre López Dafonte, 23, ptl. 3, 2º esq., Ferrol.

Expediente: PSC-FE-0026/2016-PPM.

Persoa interesada: Ignacio Salazar Montoya.

Acto de notificación: inicio.

Último enderezo coñecido: r/ Mestre López Dafonte, 23, ptl. 4, 1º esq., Ferrol.

Expediente: PSC-FE-0027/2016-PPM.

Persoa interesada: Elena Gabares Camacho.

Acto de notificación: inicio.

Último enderezo coñecido: Amenadás, s/n, Freixeiro, Narón.

Expediente: PSC-FE-0031/2016-PPM.

Persoa interesada: Fabio Porca Rodríguez.

Acto de notificación: inicio.

Último enderezo coñecido: r/ Luis Pimentel, 31, 2º D, Ferrol.