Descargar PDF Galego | Castellano| Português

DOG - Xunta de Galicia -

Diario Oficial de Galicia
DOG Núm. 120 Luns, 27 de xuño de 2016 Páx. 27120

VI. Anuncios

a) Administración autonómica

Consellería de Medio Ambiente e Ordenación do Territorio

ANUNCIO do 6 de xuño de 2016, da Xefatura Territorial de Ourense, polo que se emprazan varios interesados para seren notificados por comparecencia en materia de residuos (expediente OU-129/2015 RE e tres máis).

De conformidade co disposto nos artigos 59.5 e 61 da Lei 30/1992, do 26 de novembro, de réxime xurídico das administracións públicas e do procedemento administrativo común, modificada pola Lei 4/1999, do 13 de xaneiro, emprázanse os interesados que se sinalan no anexo para seren notificados por comparecencia, ao non ser posible a súa notificación a través do servizo de Correos.

Os actos foron acordados pola instrutora. A súa eficacia queda supeditada á súa publicación no taboleiro de edictos único do Boletín Oficial del Estado.

A comparecencia efectuarase no prazo de dez días, contados desde o seguinte ao da publicación deste anuncio no BOE, na sede da Sección Xurídica desta consellería, sita na rúa do Paseo, nº 18-5º andar, Ourense, das 9.00 ás 14.00 horas, de luns a venres.

Transcorrido o dito prazo sen efectuarse a comparecencia, a notificación entenderase producida desde o día seguinte ao da publicación.

Ourense, 6 de xuño de 2016

Victoria Núñez López
Xefa territorial de Ourense

ANEXO

Expediente: OU-129/2015 RE.

Denunciado: Viorel Gigel Iroftei.

Acto notificado: proposta de resolución.

Expediente: OU-5/2016 RE.

Denunciado: Beghean Silvestru.

Acto notificado: proposta de resolución.

Expediente: OU-10/2016 RE.

Denunciado: Antonio Joaquín Gonçalves Carneiro.

Acto notificado: proposta de resolución.

Expediente: OU-13/2016 RE.

Denunciado: Stefan Plesca.

Acto notificado: proposta de resolución.