Descargar PDF Galego | Castellano| Português

DOG - Xunta de Galicia -

Diario Oficial de Galicia
DOG Núm. 120 Luns, 27 de xuño de 2016 Páx. 27103

V. Administración de xustiza

Xulgado do Social número 3 de Santiago de Compostela

EDICTO de notificación de resolución (674/2014).

Eu, Susana Varela Amboage, secretaria do Xulgado do Social número 3 de Santiago de Compostela, fago saber que por resolución ditada no día 20.5.2016, no proceso seguido por instancia de Narciso Tourís Otero contra Talleres J. y M. Fernández, S.L., Automóviles J y M Fernández, S.L., Talleres Fernández Coruña, S.L., SS Fernández Concesionario, S.L., Ifer Coruña, S.L., sobre despedimento, rexistrado co nº DSP 673/2014, acordouse notificar a parte dispositiva dos autos do 17.3.2016 ditados no procedemento a Talleres J e M Fernández, S.L., Automóviles J e M Fernández, S.L., SS Fernández Concesionario, S.L., en ignorado paradoiro:

Auto DOI 154/2016.

Parte dispositiva.

Dispoño: acordar a acumulación dos presentes autos ao procedemento de resolución contractual nº 674/2014 seguido ante este mesmo xulgado, cuxa tramitación continuará nun único procedemento.

Lévese o orixinal desta resolución ao libro de autos deste órgano xudicial, deixando copia testemuñada nas actuacións.

Únase testemuño da presente resolución ao procedemento e acumúlese ás presentes actuacións.

Advírtese ao destinatario que as seguintes comunicacións se farán fixando copia da resolución ou da cédula no taboleiro de anuncios da oficina xudicial, salvo no suposto da comunicación das resolucións que deban revestir forma de auto ou sentenza, ou cando se trate de emprazamento.

E para que sirva de notificación a Talleres J e M Fernández, S.L., Automóviles J e M Fernández, S.L., SS Fernández Concesionario, S.L., expídese a presente cédula para a súa publicación no Diario Oficial de Galicia e colocación no taboleiro de anuncios.

Santiago de Compostela, 2 de xuño de 2016

A secretaria xudicial