Descargar PDF Galego | Castellano| Português

DOG - Xunta de Galicia -

Diario Oficial de Galicia
DOG Núm. 120 Luns, 27 de xuño de 2016 Páx. 27106

V. Administración de xustiza

Xulgado do Social número 3 de Santiago de Compostela

EDICTO (673/2014-acumulación).

Eu, Susana Varela Amboage, secretaria xudicial do Xulgado do Social número 3 de Santiago de Compostela, fago saber que mediante Resolución ditada o día 20 de maio de 2016, no proceso seguido por instancia de Narciso Tourís Otero contra Talleres J y M Fernández, S.L., Automóviles J y M Fernández, S.L., Talleres Fernández Coruña, S.L., SS Fernández Concesionario, S.L., Ifer Coruña, S.L., sobre despedimento rexistrado co número DSP 673/2014, se acordou notificar parte dispositiva dos autos do 17 de marzo de 2016, ditados no procedemento a Talleres J y M Fernández, S.L., Automóviles J y M Fernández, S.L., SS Fernández Concesionario, S.L., en ignorado paradoiro:

Auto-DOI 152/2016.

Parte dispositiva:

Dispoño acordar a acumulación destes autos ao procedemento de resolución contractual nº 673/2014 seguido perante este mesmo xulgado, e que continúe a súa tramitación nun único procedemento.

Lévese o orixinal desta resolución ao libro de autos deste órgano xudicial, e déixese copia testemuñada nas actuacións.

Auto-DOI 224/2016.

Parte dispositiva:

Dispoño acordar a acumulación destes autos ao procedemento de resolución contractual nº 673/2014 seguido perante este mesmo xulgado, e que continúe a súa tramitación nun único procedemento.

Únase testemuño desta resolución ao procedemento e acumúlese a estas actuacións.

Advírteselles aos destinatarios que as seguintes comunicacións se farán fixando copia da resolución ou da cédula no taboleiro de anuncios da oficina xudicial, salvo no suposto da comunicación das resolucións que sexan auto ou sentenza, ou cando se trate de emprazamento.

Para que lles sirva de notificación, expídese esta cédula para a súa publicación no Diario Oficial de Galicia e colocación no taboleiro de anuncios.

Santiago de Compostela, 2 de xuño de 2016

A secretaria xudicial