No Xulgado do Contencioso-Administrativo número 1 de Santiago de Compostela tramítase o recurso 285/2016 (procedemento abreviado), interposto por Jesús Míguez Ramos contra a Resolución do 9 de marzo de 2016, da Dirección Xeral de Recursos Humanos, pola que se publican a relación definitiva de admitidos/as e excluídos/as e os resultados provisionais de baremación no proceso de inscrición de aspirantes para a formalización de nomeamentos estatutarios temporais no ámbito desta entidade e das entidades adscritas á Consellería de Sanidade de diversas categorías de persoal de xestión e servizos (DOG núm. 53, do 17 de marzo) (categoría: calefactor).
O recorrente figura como excluído na categoría de calefactor.
O que se notifica para xeral coñecemento de todas as persoas interesadas no procedemento, que son emprazadas para que poidan comparecer no xulgado como demandadas no prazo de nove días, de conformidade co previsto no artigo 49 da Lei 29/1998, do 13 de xullo, reguladora da xurisdición contencioso-administrativa.
Santiago de Compostela, 2 de xuño de 2016
Margarita Prado Vaamonde
Directora xeral de Recursos Humanos