Coa data do 18 de maio de 2016, o/a instrutor/a do procedemento ditou proposta de resolución do expediente sancionador nº 2016024TA-CO incoado na Xefatura Territorial da Consellería de Sanidade da Coruña a Corazabache 14, S.L.
Intentada a notificación da proposta de resolución segundo o disposto no artigo 59.2 da Lei 30/1992, do 26 de novembro, de réxime xurídico das administracións públicas e do procedemento administrativo común, e non sendo posible a súa práctica; por medio desta cédula e ao abeiro do disposto no número 5 do devandito artigo, notifícaselle a Corazabache 14, S.L. o contido da dita proposta de resolución, que figura como anexo, para que poida ter coñecemento dela.
Así mesmo, fáiselle saber o dereito que a asiste ao abeiro do disposto no número 1 do artigo 19 do Real decreto 1398/1993, do 4 de agosto, polo que se aproba o Regulamento para o exercicio da potestade sancionadora, para presentar alegacións ante a xefatura territorial no prazo de 15 días hábiles, contados desde o seguinte ao da publicación desta cédula, lembrándolle o seu dereito a consultar o expediente depositado nas dependencias da xefatura, sita na rúa Durán Loriga, 3, A Coruña e a obter, se é o caso, copia do expediente, segundo o previsto na letra a) do artigo 35 da Lei 30/1992, do 26 de novembro.
Esta cédula expídese para que conste e lle sirva de notificación ao/á interesado/a, en cumprimento co disposto no artigo 59.5 da Lei 30/1992, do 26 de novembro, modificado pola Lei 15/2014, do 16 de setembro (BOE núm. 226, do 17 de setembro).
A Coruña, 6 de xuño de 2016
Cristina Pérez Fernández
Xefa territorial da Coruña
ANEXO
Nº expediente: 2016024TA-CO.
Interesada: Corazabache 14, S.L. (Cafe Armani).
DNI/NIF/CIF: B70408109.
Derradeiro enderezo coñecido: Rosalía de Castro 3, Sigüeiro, 15888 Oroso.
Feito imputado: infracción da lexislación aplicable en materia sanitaria.