Descargar PDF Galego | Castellano| Português

DOG - Xunta de Galicia -

Diario Oficial de Galicia
DOG Núm. 119 Xoves, 23 de xuño de 2016 Páx. 26729

VI. Anuncios

a) Administración autonómica

Consello de Contas de Galicia

RESOLUCIÓN do 17 de xuño de 2016 pola que se anuncia a licitación dun contrato de subministración de dous cortalumes (firewall).

A Comisión de Goberno de este Consello de Contas, por acordo do 17 de xuño deste ano, dispuxo a apertura do procedemento de adxudicación dun contrato de subministración de dous cortalumes (firewall) de última xeración, co detalle que se relaciona a continuación:

1. Entidade adxudicadora: datos xerais e datos para a obtención da información:

a) Organismo: Consello de Contas de Galicia.

b) Dependencia que tramita o expediente: Secretaría Xeral.

c) Obtención de documentación e información:

c.1) Dependencia: Secretaría Xeral. Sección de Xestión Económica.

c.2) Domicilio: rúa de Domingo Fontán, nº 7.

c.3) Localidade e código postal: Santiago de Compostela. 15702.

c.4) Teléfono: 981 54 22 36.

c.5) Telefax: 981 54 22 10.

c.6) Correo electrónico: vlagoa@ccontasgalicia.es

c.7) Enderezo da internet do perfil do contratante:

http://www.consellodecontas.es/gl/menus-consello/consello/perfil-do-contratante

c.8) Data límite de obtención da documentación e información: décimo quinto día natural seguinte ao da publicación do presente anuncio.

d) Número de expediente: 16/45.

2. Obxecto do contrato:

a) Tipo: subministración.

b) Descrición: subministración de dous cortalumes (firewall) de última xeración (NGF) de nivel de aplicación (capa 7), en configuración de alta dispoñibilidade, activo-activo ou activo-pasivo, por un período inicial de tres anos.

c) División por lotes: non.

d) Lugar de execución:

d.1) Enderezo: rúa de Domingo Fontán, nº 7.

d.2) Localidade e código postal: Santiago de Compostela. 15702.

e) Prazo de execución: tres anos desde a entrada en vigor.

f) Admisión de prórroga: si.

g) CPV: 30200000-1.

3. Tramitación e procedemento:

a) Tramitación: ordinaria.

b) Procedemento: aberto, con multiplicidade de criterios.

c) Criterio de adxudicación:

c.1) Prezo (0-65 puntos).

c.2) Aspectos técnicos (0-35 puntos).

c.2.a) Requirimentos de rendemento (0-10 puntos).

c.2.a.1) Chip SSL físico (0-5 puntos).

c.2.a.2) Rendemento con todas as funcionalidades activadas (AV+IPS+HTTPS)(Mbps) (0-5 puntos).

c.2.b) Monitorización avanzada (máx. 5 puntos).

c.2.c) Solución controladora WIFI (10 puntos).

c.2.d) Protección antivirus/antimalware (0-10 puntos).

4. Valor estimado do contrato: 28.938,57 euros.

5. Orzamento base de licitación:

a) Importe neto 20.527,27 euros. IVE (21 %). 4.310,72 euros. Importe total: 24.837,99 euros.

6. Garantías exixidas. Definitiva: 5 % do importe de adxudicación, IVE excluído.

7. Requisitos específicos do contratista:

a) Documentación acreditativa da capacidade de obrar do empresario, da súa habilitación e, se é o caso, da súa representación.

b) Solvencia económica e financeira e técnica ou profesional.

b.1) Solvencia económica e financeira: declaración do volume global de negocios referida aos exercicios 2013, 2014 e 2015, sendo necesario que a anualidade media para ese período, sen IVE, sexa igual o u superior a trinta mil setecentos noventa e un euros (30.791 €) por exercicio.

b.1) Solvencia técnica e profesional: achega das principais subministracións durante os últimos cinco anos de igual ou similar natureza, atendendo aos dous primeiros díxitos dos respectivos códigos CPV, indicando o seu importe, datas e destinatario público ou privado. O importe das subministracións deberán acadar, sen IVE, a contía total de cento sete mil setecentos sesenta e oito euros (107.768 €).

c) A acreditativa de se atopar ao corrente nas súas obrigas tributarias e coa Seguridade Social.

8. Presentación de ofertas:

a) Data límite de presentación: décimo quinto día natural seguinte ao da publicación do presente anuncio. De coincidir o último día do prazo de presentación en sábado, domingo ou festivo este entenderase prorrogado ata o primeiro día hábil seguinte.

b) Modalidade de presentación: por escrito. No lugar que se indica a continuación ou por correo (artigo 80 RXLCAP).

c) Lugar de presentación:

c.1). Dependencia: Rexistro Xeral do Consello de Contas.

c.2). Domicilio: rúa de Domingo Fontán, nº 7.

c.3). Localidade e código postal: Santiago de Compostela. 15702.

d) Prazo durante o cal o licitador estará obrigado a manter a súa oferta: dous meses contados desde a apertura das proposicións.

9. Apertura de ofertas:

a) Descrición:

a.1) Sobre A: en acto non público, cualificación documental. O décimo primeiro día natural seguinte ao de remate do prazo de presentación de proposicións, ou o primeiro día hábil seguinte de coincidir aquel en sábado ou festivo.

a.2) Sobre B: en acto público, proposicións. Ás 12.00 horas do sétimo día natural seguinte ao de apertura do sobre A, ou primeiro día hábil seguinte, de coincidir aquel en sábado ou festivo. A data exacta da súa celebración será publicada no perfil do contratante cunha antelación mínima de corenta e oito horas.

b) Enderezo: rúa de Domingo Fontán, nº 7.

c) Localidade e código postal: Santiago de Compostela. 15702.

10. Gastos de publicidade: a conta do adxudicatario, ata un máximo de 1.694 €.

Santiago de Compostela, 17 de xuño de 2016

José Antonio Redondo López
Conselleiro maior do Consello de Contas de Galicia