Descargar PDF Galego | Castellano| Português

DOG - Xunta de Galicia -

Diario Oficial de Galicia
DOG Núm. 119 Xoves, 23 de xuño de 2016 Páx. 26735

VI. Anuncios

b) Administración local

Concello de Cee

ANUNCIO de aprobación inicial de estudo de detalle.

Aprobado inicialmente con data do 31 de maio de 2016 o estudo de detalle redactado polo arquitecto Manuel Ángel Marcote Escariz, por iniciativa dos promotores Beatriz Figueroa Sar, con DNI 46900571Y, e Héctor Martínez Chans, con DNI 46911735S, referente a unha parcela situada en Xallas, neste concello, con referencia catastral 4584227MH8548S0001RU, co obxecto de reaxustar as aliñacións e rasantes no ámbito de aplicación, pola presenza na parcela referida dunhas servidumes que non recolle o planeamento en vigor (NN.SS.).

En cumprimento da Resolución da Alcaldía nº 372, do 31 de maio de 2016, e do artigo 86.2 da Lei 9/2002, do 30 de decembro, de ordenación urbanística e protección do medio rural de Galicia, sométese o expediente a información pública por prazo de 20 días, contados desde o día seguinte ao da publicación do presente anuncio no Diario Oficial de Galicia.

Durante o período de información pública quedará o expediente á disposición de calquera que queira examinalo, para os efectos de que se presenten as alegacións e suxestións que se consideren pertinentes.

A aprobación inicial do estudo de detalle comporta a suspensión do outorgamento de licenzas no ámbito afectado por este, suspensión que se extinguirá coa aprobación definitiva do estudo de detalle.

Cee, 31 de maio de 2016

Ramón Vigo Sambade
Alcalde