Descargar PDF Galego | Castellano| Português

DOG - Xunta de Galicia -

Diario Oficial de Galicia
DOG Núm. 119 Xoves, 23 de xuño de 2016 Páx. 26616

VI. Anuncios

a) Administración autonómica

Consellería de Política Social

ANUNCIO do 12 de maio de 2016, da Xefatura Territorial da Coruña, polo que se emprazan os interesados para seren notificados por comparecencia dos requirimentos de documentación preceptiva ditados no procedemento BS611A.

Despois de intentar en tempo e forma a práctica das notificacións que se relacionan no anexo sen que fose posible por causas non imputables á Administración, e tendo en conta que a publicación do seu contido íntegro pode lesionar dereitos e intereses lexítimos, en aplicación do disposto nos artigos 59.5 e 61 da Lei 30/1992, do 26 de novembro, de réxime xurídico das administracións públicas e do procedemento administrativo común, por medio deste anuncio emprázanse as persoas interesadas que se sinalan no anexo, ou aos seus representantes, para seren notificados por comparecencia, dos requirimentos de documentación preceptiva relativos ao procedemento BS611A.

Para estes efectos, así como para coñecer o contido íntegro do acto que se notifica, os interesados, ou os seus representantes debidamente acreditados, poderán comparecer, no prazo de dez días contados desde o seguinte ao da publicación deste anuncio no Boletín Oficial del Estado, nas dependencias da Sección de Cualificación e Valoración de Discapacidades do Servizo de Dependencia e Autonomía Persoal da Xefatura Territorial da Consellería de Política Social sitas no edificio administrativo, Ala Sur, Monelos, r/ Vicente Ferrer, 2, 15008 de A Coruña, das 9.00 ás 14.00 horas, de luns a venres. Transcorrido o dito prazo sen efectuarse a comparecencia, a notificación entenderase producida a todos os efectos legais a partir do día seguinte ao do vencemento do prazo indicado para comparecer.

No caso de non achegar a devandita documentación considerarase desistido da súa petición, que será arquivada logo de resolución ditada de conformidade cos artigos 42.1 e 71 da Lei 30/1992, do 26 de novembro, de réxime xurídico das administracións públicas e do procedemento administrativo común.

A Coruña, 12 de maio de 2016

Mª Pilar Caridad Alonso
Xefa territorial da Coruña

ANEXO

Contido do acto

Nº de expediente

DNI

Apelidos e nome

Requirimento de documentación

CO202325

X3776539P

El Khoumssi, Ahmed

Requirimento de documentación

CO213129

33085067G

Fernández Sampedro, Manuela

Requirimento de documentación

CO185934

34958023R

Lorenzo Vázquez, Francisco Javier

Requirimento de documentación

CO184392

53480279N

Ramallo Parada, Ana Isabel