De conformidade coas propostas elevadas polas comisións nomeadas para xulgar os concursos de acceso convocados mediante Resolución do 18 de xaneiro de 2016 (DOG do 1 de febreiro) e presentada polas persoas propostas a documentación a que fai referencia a base 7ª da convocatoria.
Esta reitoría, no uso das atribucións conferidas polo artigo 65 da Lei orgánica 6/2001, do 21 de decembro, de universidades (BOE do 24 de decembro), modificada pola Lei orgánica 4/2007, do 12 de abril (BOE do 13 de abril), e demais disposicións concordantes, resolveu efectuar os nomeamentos que se relacionan no anexo.
Estes nomeamentos producirán plenos efectos a partir da correspondente formalización do contrato polas persoas interesadas que deberán efectuarse no prazo máximo de 20 días hábiles, que se contarán desde o día seguinte ao da publicación da presente resolución no Diario Oficial de Galicia. Se o último día do prazo coincide con sábado ou día inhábil na Universidade de Vigo, entenderase prorrogado ao primeiro día hábil seguinte segundo o artigo 48 da Lei 30/1992, do 26 de novembro, de réxime xurídico das administracións públicas e do procedemento administrativo común.
Contra esta resolución, que esgota a vía administrativa, poderase interpor recurso ante a xurisdición contencioso-administrativa, no prazo de dous meses contados desde o día seguinte ao da súa publicación no Diario Oficial de Galicia, de conformidade co disposto na Lei 29/1998, do 13 de xullo, reguladora da xurisdición contencioso-administrativa. Potestativamente, poderase interpor recurso de reposición ante o reitor, no prazo dun mes contado a partir do día seguinte ao da devandita publicación, de acordo co disposto na Lei 30/1992, do 26 de novembro, de réxime xurídico das administracións públicas e do procedemento administrativo común.
Vigo, 10 de xuño de 2016
Salustiano Mato de la Iglesia
Reitor da Universidade de Vigo
ANEXO
6
Código: |
CD1501-X05-205-CD-01 |
Corpo: |
Profesor/a contratado/a doutor/a |
Área de coñecemento: |
A-205 Didáctica das Ciencias Experimentais |
Departamento: |
X05 Didácticas Especiais |
Centro de traballo: |
202 Fac. CC. Educación e do Deporte-Pontevedra |
DNI |
36154066-K |
Nome e apelidos |
Uxío Pérez Rodríguez |