Descargar PDF Galego | Castellano| Português

DOG - Xunta de Galicia -

Diario Oficial de Galicia
DOG Núm. 118 Mércores, 22 de xuño de 2016 Páx. 26417

VI. Anuncios

b) Administración local

Concello de Oroso

ANUNCIO de licitación do contrato de prestación de servizos de orquestras e espectáculos artísticos das festas no ano 2017, dividido en dous lotes (expediente 2016/019).

1. Entidade adxudicadora. Datos xerais e datos para a obtención de información.

a) Organismo: Concello de Oroso.

b) Dependencia que tramita o expediente: Secretaría.

c) Obtención de documentación e información:

i) Dependencia: Secretaría.

ii) Domicilio: praza de Isaac Díaz Pardo, 1.

iii) Localidade e código postal: Oroso 15888.

iv) Teléfono: 981 69 14 78.

v) Telefax: 981 69 17 86.

vi) Correo electrónico: ana.linares@oroso.dicoruna.es

vii) Enderezo da internet do perfil do contratante: www.concellooroso.com

viii) Data límite de obtención de documentación e información: ata dous (2) días naturais antes da finalización do prazo para a presentación de proposicións.

d) Número de expediente: 2016/019.

2. Obxecto do contrato.

a) Tipo: privado de servizos.

b) Descrición: servizos de orquestras e espectáculos artísticos das festas do concello de Oroso no ano 2017, dividido en dous lotes:

Lote 1: Festa da Xuventude.

Lote 2: Festa da Troita.

c) Lugar de execución/entrega: Concello de Oroso.

d) Prazo de execución e prórroga: véxase o artigo 6 do prego de cláusulas administrativas particulares.

3. Tramitación e procedemento.

a) Tramitación: ordinaria.

b) Procedemento: aberto, con pluralidade de criterios de adxudicación.

c) Criterios de adxudicación: véxase o artigo 12 do prego.

4. Orzamento base de licitación.

a) Lote 1: Festa da Xuventude. Importe neto: 11.000 euros. IVE (21 %): 2.310 euros. Importe total: 13.310 euros.

b) Lote 2: Festa da Troita. Importe neto: 35.000 euros. IVE (21 %): 7.350 euros. Importe total: 42.350 euros.

5. Garantías exixidas: definitiva (5 %) do importe de adxudicación.

6. Valor estimado: 46.000 euros.

7. Requisitos específicos do contratista: véxanse as cláusulas 3 e 4 do prego.

8. Presentación de ofertas.

a) Data límite de presentación: quince (15) días naturais contados desde o día seguinte ao da publicación do último anuncio no BOP, no perfil do contratante ou no DOG.

b) Modalidade de presentación: presencial ou por correo.

c) Lugar de presentación:

i) Dependencia: Rexistro Xeral do Concello.

ii) Domicilio: praza de Isaac Díaz Pardo, 1.

iii) Localidade e código postal: Oroso 15888.

d) Prazo durante o cal o licitador estará obrigado a manter a súa oferta: tres (3) meses.

9. Apertura de ofertas.

a) Dirección: praza de Isaac Díaz Pardo, 1.

b) Localidade e código postal: Oroso 15888.

10. Gastos de publicidade: os gastos que xeren os anuncios, cun máximo de 1.000 euros.

Oroso, 14 de xuño de 2016

Manuel Mirás Franqueira
Alcalde