En cumprimento do disposto na Lei 54/1997, do 27 de novembro, do sector eléctrico; no Real decreto 1955/2000, do 1 de decembro, polo que se regulan as actividades de transporte, distribución, comercialización, subministración e procedementos de autorización de instalacións de enerxía eléctrica; e na Lei 8/2009, do 22 de decembro, pola que se regula o aproveitamento eólico en Galicia, e vista a Resolución do 29 de setembro de 2015 (DOG do 24 de novembro), da Dirección Xeral de Enerxía e Minas, pola que se autorizan as instalacións e se aproba o proxecto de execución da primeira fase do parque eólico Monte Arca, de 9 MW, no concello da Estrada (Pontevedra), sométese a información pública, unha vez pasados os trámites ambientais, a solicitude de declaración de utilidade pública, en concreto, e a necesidade de urxente ocupación que iso implica, da empresa Vento Continuo Galego, S.L., das instalacións que a seguir se describen:
Denominación: parque eólico Monte Arca-fase I.
Solicitante: Vento Continuo Galego, S.L.
Domicilio social: estrada Fuencarral-Alcobendas 44-campus Tribeca-Edificio A4, 2º andar, oficinas 35-36, 28108 Alcobendas.
Municipios afectados: A Estrada.
Localización: (coordenadas UTM).
Coordenadas da poligonal:
X |
Y |
541.660,29 |
4.722.164,97 |
542.995,76 |
4.721.862,32 |
542.999,86 |
4.720.871,90 |
541.216,67 |
4.720.000,79 |
540.840,36 |
4.720.000,10 |
540.355,31 |
4.720.007,78 |
As coordenadas dos aeroxeradores son:
Nº |
X |
Y |
1 |
542.138 |
4.721.851 |
2 |
542.291 |
4.721.591 |
5 |
541.479 |
4.721.099 |
Características técnicas do parque eólico:
• 3 aeroxeradores cunha potencia nominal unitaria de 3.000 kW.
• Potencia total admitida: 9 MW.
• Produción neta anual estimada: 25.314 MWh/ano.
• Orzamento total: 7.538.888,58 euros.
Características técnicas da infraestrutura eléctrica de xeración, transformación e interconexión:
• 3 transformadores de 3.350 kVA instalados no interior do aeroxerador, cunha relación de transformación 0,65/20 kV.
• Rede subterránea de interconexión entre as máquinas existentes, a 20 kV.
• Subestación transformadora equipada con transformador de 30 MVA, relación de transformación 20/132 kV, aparellaxe de medida, protección, telemando, grupo electróxeno e demais equipamento auxiliar.
Obxecto da información pública:
Declaración de utilidade pública das instalacións que comprende a addenda do proxecto do parque eólico fase I. A declaración de utilidade pública levará implícita, de acordo co artigo 54 da Lei 54/1997, do 27 de novembro, do sector eléctrico, a necesidade da urxente ocupación para os efectos de expropiación forzosa dos bens e dereitos afectados necesarios para o establecemento destas instalacións.
Relación de propietarios, bens e dereitos afectados:
A relación concreta e individualizada dos propietarios, bens e dereitos afectados figura no anexo que se insire con esta resolución.
O que se fai público para coñecemento xeral e dos propietarios dos predios e demais titulares de dereitos afectados que non chegaron a un acordo coa entidade solicitante, e que figuran na relación do anexo que se insire con esta resolución, así como ás persoas que, sendo titulares de dereitos reais ou intereses económicos sobre os bens afectados, fosen omitidas, para que poidan examinar a addenda do proxecto e presentar as alegacións que consideren oportunas, nesta xefatura territorial sita na avenida Fernández Ladreda, nº 43, 36003 Pontevedra, no prazo de trinta días, contados a partir da última publicación desta resolución ou notificación individual.
Rematado o dito prazo, o expediente, xunto coas alegacións recibidas, remitiranse á Dirección Xeral de Enerxía e Minas.
Esta publicación faise igualmente para os efectos determinados polo artigo 59.4 da Lei 30/1992, do 26 de novembro, de réxime xurídico das administracións públicas e do procedemento administrativo común, cando os interesados sexan descoñecidos, se ignore o lugar ou o medio de notificación, ou ben cando, intentada a notificación, non se puido realizar.
Pontevedra, 11 de maio de 2016
Ignacio Rial Santomé
Xefe territorial de Pontevedra