Descargar PDF Galego | Castellano| Português

DOG - Xunta de Galicia -

Diario Oficial de Galicia
DOG Núm. 117 Martes, 21 de xuño de 2016 Páx. 25751

VI. Anuncios

a) Administración autonómica

Instituto Galego de Promoción Económica

RESOLUCIÓN do 24 de maio de 2016 pola que se anuncia procedemento aberto para a contratación de servizos de elaboración da Estratexia integral de optimización loxística de Galicia.

En cumprimento da legalidade vixente, anúnciase procedemento aberto para a contratación de servizos de elaboración da Estratexia integral de optimización loxística de Galicia.

1. Entidade adxudicadora.

a) Organismo: Instituto Galego de Promoción Económica (Igape), Complexo Administrativo de San Lázaro, s/n, 15703 Santiago de Compostela.

b) Dependencia que tramita o expediente: Subdirección de Servizos Xurídicos.

c) Número de expediente: PA 3/16.

2. Obxecto do contrato.

a) Descrición do obxecto: servizos de elaboración da Estratexia integral de optimización loxística de Galicia.

b) División por lotes e número: non procede.

c) Lugar de execución/entrega: Igape-Santiago de Compostela.

d) Prazo de vixencia (meses): a vixencia estenderase ata a completa execución do contrato e expiración do prazo de garantía ofertado.

3. Tramitación e procedemento de adxudicación.

a) Tramitación: ordinaria.

b) Procedemento de adxudicación: procedemento aberto. Contratación documentalmente simplificada.

4. Orzamento base de licitación.

O valor estimado da contratación que coincide co orzamento base de licitación, ascende a 165.289,26 € (cento sesenta e cinco mil douscentos oitenta e nove euros con vinte e seis céntimos) máis o imposto sobre o valor engadido (IVE) de 34.710,74 € (trinta e catro mil setecentos dez euros con setenta e catro céntimos), total de 200.000 € (douscentos mil euros).

5. Garantía provisional: non se exixe.

6. Obtención de documentación e información.

a) Entidade: Instituto Galego de Promoción Económica (Igape).

b) Domicilio: Complexo Administrativo de San Lázaro.

c) Localidade e código postal: Santiago de Compostela 15703.

d) Teléfono: 981 54 16 93.

e) Telefax: 981 54 10 92.

f) Data límite de obtención de documentos e información: coincide coa data límite para a presentación de ofertas.

7. Requisitos específicos do contratista.

a) Clasificación, se é o caso: (grupos, subgrupos e categoría) non procede.

b) Solvencia económico-financeira e técnica:

Solvencia económico-financeira: a licitante deberá acreditar un volume anual de negocios, que referido ao ano de maior volume de negocios dos últimos tres anos concluídos, deberá ser cando menos do 1,5 do importe de licitación (247.933,89 €).

Solvencia profesional ou técnica: a licitante deberá contar cunha experiencia en realización de plans ou estratexias de actuación pública, de cando menos tres traballos realizados nos últimos cinco anos. Deberá acreditarse cando menos un importe anual executado durante o ano de maior execución no citado período, igual ou superior ao 70 % do importe da licitación (115.702,49 €)

Así mesmo, deberá dispor dun equipo técnico suficiente, de polo menos dúas persoas equivalentes a plena dedicación á execución do contrato, que conten con formación mínima de diplomatura universitaria e experiencia mínima de dous anos de participación na elaboración de plans ou estratexias de acción similares ao obxecto da contratación para cada un dos membros do equipo técnico destinado á execución do contrato.

A acreditación da solvencia realizarase segundo os medios establecidos na cláusula F e G da folla de especificacións.

8. Presentación de ofertas ou das solicitudes de participación.

a) Data límite de presentación: o trixésimo día natural seguinte ao da publicación do anuncio do procedemento no Diario Oficial de Galicia. De coincidir en sábado, domingo ou festivo en Santiago de Compostela o prazo entenderase prorrogado ata o seguinte día hábil.

b) Documentación que hai que presentar: a indicada no prego de cláusulas administrativas particulares.

c) Lugar de presentación: en sobre pechado e selado e dentro do prazo sinalado, presentaranse en:

1º. Entidade: Rexistro Xeral do Instituto Galego de Promoción Económica.

2º. Domicilio: Complexo Administrativo de San Lázaro, s/n.

3º. Localidade e código postal: Santiago de Compostela 15703.

Ou por correo, anunciando ao órgano de contratación a remisión da oferta mediante fax, telex, telegrama ou correo electrónico conforme o previsto no prego de cláusulas administrativas particulares, que debe ter entrada no Igape antes do remate do prazo de presentación de ofertas, e xustificando a data da imposición do envío na oficina de Correos.

d) Prazo mínimo durante o cal o licitador estará obrigado a manter a súa oferta: dous meses desde a apertura das proposicións.

e) Admisión de variantes: non se admiten.

9. Apertura das ofertas.

a) Entidade: Instituto Galego de Promoción Económica.

b) Domicilio: Complexo Administrativo San Lázaro, s/n.

c) Localidade: Santiago de Compostela.

d) Data de apertura dos sobres B (ofertas técnicas, parte avaliable sen aplicación de fórmulas): en acto público o décimo día hábil seguinte ao remate do prazo de presentación de ofertas procederase á apertura dos sobres B (ofertas técnicas, parte avaliable sen aplicación de fórmulas), ás 10.00 horas.

e) Data de apertura dos sobres C (ofertas técnicas, parte avaliable mediante fórmulas e ofertas económicas): en acto público o vixésimo día hábil seguinte ao remate do prazo de presentación de ofertas procederase á apertura dos sobres C (ofertas técnicas,parte avaliable mediante fórmulas e ofertas económicas), ás 10.00 horas.

10. Criterios de adxudicación.

Criterio

Valoración

Prezo

51 %

Adecuación da metodoloxía aos obxectivos da contratación e grao de especificación do servizo ofertado

18 %

Calidade derivada da experiencia dos compoñentes do equipo de traballo e expertos que exceda a mínima exixida para xustificar a solvencia técnica

13 %

Adecuación dos entregables propostos aos obxectivos da contratación

9 %

Melloras

9 %

11. Gastos de anuncios: 900 € máximo. Serán por conta do adxudicatario.

12. De ser o caso, portal informático ou páxina web onde figuren as informacións relativas á convocatoria ou onde poidan obterse os pregos: www.igape.es/contratacions

Santiago de Compostela, 24 de maio de 2016

Javier Aguilera Navarro
Director xeral do Instituto Galego de Promoción Económica