Descargar PDF Galego | Castellano| Português

DOG - Xunta de Galicia -

Diario Oficial de Galicia
DOG Núm. 117 Martes, 21 de xuño de 2016 Páx. 25735

VI. Anuncios

a) Administración autonómica

Axencia Galega de Emerxencias

RESOLUCIÓN do 15 de xuño de 2016 pola que se anuncia a licitación, mediante procedemento aberto, sistema multicriterio, tramitación ordinaria e documentalmente simplificada, que ten por obxecto a adquisición de embarcacións destinadas a tarefas de prevención e actuación en emerxencias, cofinanciada nun 80 % polo Feder no marco do programa operativo Feder Galicia 2014-2020, obxectivo temático 05, prioridade de investimento 05.02, obxectivo específico 05.02.01, liña de actuación 40: dotación de equipamento, instalacións e infraestruturas de protección civil destinadas á prevención e xestión de riscos derivados de catástrofes naturais e fenómenos relacionados co clima.

1. Entidade adxudicadora. Datos xerais e datos para a obtención da información:

a) Organismo: Axencia Galega de Emerxencias.

b) Dependencia que tramita o expediente: Secretaría Xeral.

c) Obtención de documentación e información:

1º. Dependencia: Axencia Galega de Emerxencias.

2º. Enderezo: rúa Roma, nº 25-27, 1º.

3º. Localidade e código postal: Santiago de Compostela 15781.

4º. Teléfono: 881 99 72 57.

5º. Fax: 981 54 60 28.

6º. Correo electrónico: mh.barrio.blanco@xunta.gal.

7º. Enderezo da internet do perfil do contratante:

http://www.contratosdegalicia.es/resultado.jsp?N=37407.

Tamén se terá acceso ao perfil do contratante desde a Plataforma de contratos públicos de Galicia a través de http://www.xunta.gal e da páxina web: http://www.axega112.gal.

8º. Data límite de obtención de documentación e información: ata o 11 de xullo de 2016 ás 14.00 horas.

d) Número de expediente: AXGE.16.SU.088.

2. Obxecto do contrato:

a) Tipo: contrato administrativo de subministración.

b) Descrición: subministración de oito (8) embarcacións para a actuación en emerxencias destinadas aos servizos de emerxencias para atender situacións en que sexa necesario empregar este tipo de equipamento, tales como: dispositivos preventivos, rescates de persoas, buscas de persoas, apoio loxístico en situacións de emerxencia, etc.

c) División por lotes e número: non.

d) Prazo de execución: máximo de 45 días desde a formalización do contrato.

e) Nomenclatura: CPV: 34522450-1.

3. Tramitación e procedemento:

a) Tramitación: ordinaria.

b) Procedemento: aberto.

c) Criterios de adxudicación: adxudicación baseada en criterios avaliables de forma automática por aplicación de fórmulas. A pluralidade dos criterios de avaliación enumérase e detállase coas puntuacións e a ponderación no prego de cláusulas administrativas particulares.

4. Valor estimado do contrato: 115.041,35 €, IVE excluído.

5. Orzamento base de licitación: 139.200,00 €, IVE incluído.

6. Garantías exixidas. Definitiva: 5 por cento do importe de adxudicación, IVE excluído.

7. Requisitos específicos do contratista:

a) Clasificación: non.

b) Solvencia económica e financeira: deberá xustificarse polos medios sinalados no número 16 da folla de especificacións ou portada do prego de cláusulas administrativas.

c) Solvencia técnica: deberá xustificarse polos medios sinalados no número 17 da folla de especificacións ou portada do prego de cláusulas administrativas.

8. Presentación das ofertas:

a) Data límite de presentación das ofertas: ata as 14.00 horas do 11 de xullo de 2016.

b) Modalidade de presentación: a indicada no prego de cláusulas administrativas. Debe figurar no exterior dos sobres o CIF do licitador. No caso de que estean inscritos no Rexistro de Contratistas achegarase grampado no exterior do sobre A o certificado do devandito rexistro.

c) Lugar de presentación:

1º. Entidade: Rexistro Xeral da Axencia Galega de Emerxencias.

2º. Enderezo: r/ Roma, 25-27, 1º andar, polígono das Fontiñas.

3º. Localidade e código postal: Santiago de Compostela 15781.

4º. Cando a proposición se envíe por correo, o licitador deberá xustificar a data de imposición do envío na oficina de Correos e anunciar ao órgano de contratación a remisión da mencionada oferta mediante telegrama ou fax o mesmo día. O número de fax é o indicado no número 1.c) deste anuncio.

d) Prazo durante o que o licitador estará obrigado a manter a súa su oferta: tres (3) meses contados desde a data de apertura das proposicións.

e) Admisión de variantes: non.

9. Apertura de las ofertas:

a) Descrición: a apertura, comprobación e avaliación separada do sobre A, relativo á documentación acreditativa dos requisitos de aptitude para contratar, e do sobre B, cos elementos da oferta que admiten unha avaliación mediante a aplicación de fórmulas, realizarase conforme o disposto nos pregos administrativos e na normativa de contratos do sector público.

b) Entidade e lugar: Axencia Galega de Emerxencias. Sala de xuntas.

c) Enderezo: r/ Roma, 25-27, 3º andar, polígono das Fontiñas.

d) Localidade: Santiago de Compostela.

e) Data e hora: a apertura do sobre B terá lugar en acto público. A data e a hora da súa celebración comunicarase coa antelación debida mediante a súa publicación no perfil do contratante e mediante o envío de fax a cada un dos licitadores.

10. Gastos dos anuncios: serán por conta do adxudicatario.

11. Outras informacións:

a) Admítense melloras conforme o prego de cláusulas administrativas particulares.

b) As ofertas tamén porán presentarse por correo, segundo o disposto no artigo 80.4 do Regulamento xeral da Lei de contratos das administracións públicas; neste caso o licitador deberá anunciar ao órgano de contratación mediante telegrama ou fax, no mesmo día da imposición na oficina de Correos, a remisión da documentación para concorrer á licitación, así como xustificar a data de imposición do envío.

c) Idioma: galego, castelán ou nos idiomas da Unión Europea, acompañado de tradución oficial.

d) Forma xurídica de agrupación de empresas, se é o caso: unión de empresarios.

e) Apertura do sobre A: terá lugar en acto previo á comprobación da documentación xeral segundo se especifica no prego de cláusulas administrativas particulares.

f) Apertura e avaliación da oferta do sobre B: a apertura do sobre B realizarase en acto público. A data e a hora comunicaranse coa antelación debida mediante a súa publicación no perfil do contratante e mediante o envío dun fax a cada un dos licitadores.

No caso de que o acto público de apertura das ofertas se modifiquen notificarase esta circunstancia aos licitadores presentados e farase pública no perfil do contratante.

g) Publicidade de resultados: as datas e os resultados da apertura do sobre B, así como da adxudicación e formalización do contrato faranse públicas no perfil do contratante.

h) Formalización do contrato: o contrato perfeccionarase coa súa formalización, que se efectuará no prazo previsto no cadro de características.

Santiago de Compostela, 15 de xuño de 2016

Juan José Muñoz Iglesias
Xerente da Axencia Galega de Emerxencias