Descargar PDF Galego | Castellano| Português

DOG - Xunta de Galicia -

Diario Oficial de Galicia
DOG Núm. 117 Martes, 21 de xuño de 2016 Páx. 25773

VI. Anuncios

b) Administración local

Concello de Teo

ANUNCIO da aprobación inicial de estudo de detalle para edificio comercial.

Por Resolución da Alcaldía, do 13 de maio de 2016, aprobouse inicialmente o estudo de detalle para edificio comercial destinado a supermercado de alimentación e aparcadoiro, na antiga estrada de Santiago á Estrada km 3, lugar de Estivada (Cacheiras), promovido por José Ángel Martín Cuesta en representación de Mercadona, S.A. e redactado polo arquitecto Ramón Amadeo Facal Grobas.

De conformidade co artigo 47 da Lei do solo de Galicia (LSG) e co 121 do Regulamento de planeamento (RP), suspéndese o procedemento de outorgamento de licenzas naqueles ámbitos do territorio obxecto do estudo de detalle cuxas novas determinacións supoñan a modificación da ordenación urbanística vixente.

A duración da suspensión é de dous anos, e extinguirase en todo caso coa aprobación definitiva do estudo de detalle.

A área afectada pola suspensión é a dos dous inmobles cuxa referencia catastral se recolle a continuación:

– 15083A060000900000LQ. Superficie de 5.246 m2

– 15083A060000910001BA. Superficie de 3.252 m2

Conforme o artigo 80 da LSG, sométese o expediente a información pública polo prazo dun mes mediante a publicación deste anuncio no Diario Oficial de Galicia, en La Voz de Galicia, no taboleiro de edictos e na páxina web do concello. Durante ese prazo, que se computará a partir do día seguinte ao da publicación deste anuncio no DOG, os propietarios e demais interesados poderán formular as alegacións que teñan por conveniente para a defensa dos seus dereitos e intereses.

O expediente completo está á disposición dos interesados no Departamento de Urbanismo, en horario de oficina.

Teo, 25 de maio de 2016

Rafael C. Sisto Edreira
Alcalde