Descargar PDF Galego | Castellano| Português

DOG - Xunta de Galicia -

Diario Oficial de Galicia
DOG Núm. 117 Martes, 21 de xuño de 2016 Páx. 25680

V. Administración de xustiza

Tribunal Superior de Xustiza de Galicia (Sala do Social)

EDICTO (4128/2012).

Eu, Mª Asunción Barrio Calle, letrada da Administración de xustiza da Sala Segunda do Social do Tribunal Superior de Xustiza de Galicia, fago saber que no procedemento de recurso de suplicación 4128/2012-S desta sala, seguido por instancia de Mutua Gallega de Accidentes de Trabajo contra Instituto Nacional da Seguridade Social, Tesouraría Xeral da Seguridade Social, empresa Luis García Rodellino, Vidrioarte Coruña, S.L., Mutua Intercomarcal, Mutua de Accidentes de Trabajo y Enfermedades Profesionales de la Seguridad Social nº 39 e "Ver PDF", sobre accidente, se ditou a resolución cuxa parte dispositiva é do teor literal seguinte:

«A Sala resolve desestimar o incidente de nulidade de actuacións interposto por "Ver PDF", defendida e representada polo letrado Antonio Vázquez López, contra o Auto desta sala do 2 de setembro de 2014, ditado no recurso de suplicación 4128/2012. Sen custas.

Fáiselles saber ás partes que contra esta resolución non cabe ningún recurso.

Así, por este noso auto, pronunciámolo, mandámolo e asinámolo».

Para que lles sirva de notificación en legal forma ás empresas Luis García Rodellino e Vidrioarte Coruña, S.L., en ignorado paradoiro, expido este edicto para a súa inserción no Diario Oficial de Galicia.

Advírteselles ás destinatarias que as seguintes comunicacións se farán fixando copia da resolución ou da cédula no taboleiro de anuncios da oficina xudicial, salvo no suposto da comunicación das resolucións que deban revestir forma de auto ou sentenza, ou cando se trate de emprazamento.

A Coruña, 19 de maio de 2016

A letrada da Administración de xustiza