Descargar PDF Galego | Castellano| Português

DOG - Xunta de Galicia -

Diario Oficial de Galicia
DOG Núm. 117 Martes, 21 de xuño de 2016 Páx. 25675

IV. Oposicións e concursos

Consellería do Mar

ORDE do 3 de xuño de 2016 pola que se resolve a convocatoria pública de provisión, polo sistema de libre designación, dun posto de traballo vacante nesta consellería.

Por Orde do 27 de abril de 2016, publicada no DOG número 86, do 6 de maio, convocouse a provisión, polo sistema de libre designación, do posto de traballo da Consellería do Mar que se detalla no anexo desta orde.

De conformidade co estabablecido nos artigos 17.4 e 29.2 do Decreto lexislativo 1/2008, do 13 de marzo, polo que se aproba o texto refundido da Lei da función pública de Galicia, e no Decreto 93/1991, do 20 de marzo, que aproba o Regulamento de provisión de postos de traballo, promoción profesional e promoción interna, e demais normativa vixente, esta consellería

DISPÓN:

Primeiro. Resolver a convocatoria pública efectuada pola Orde do 27 de abril de 2016 e designar a persoa funcionaria, cuxos datos se sinalan no anexo desta orde, para ocupar o posto que tamén se especifica.

Segundo. De conformidade co establecido nos artigos 14 e 16.2 do Regulamento de provisión de postos de traballo, promoción profesional e promoción interna, aprobado polo Decreto 93/1991, do 20 de marzo, o cesamento no actual destino efectuarase no prazo de tres (3) días hábiles contados a partir do seguinte ao da publicación desta orde no Diario Oficial de Galicia ou segundo o establecido na normativa de aplicación na súa Administración de orixe.

O prazo para a toma de posesión da praza adxudicada será de tres (3) días hábiles seguintes ao do cesamento, se non implica cambio de residencia, ou de sete (7) días hábiles se comporta cambio de residencia. Cando o/a adxudicatario/a do posto obteña coa súa toma de posesión o reingreso ao servizo activo, o prazo será de vinte (20) días hábiles.

O prazo de toma de posesión comezará a contar a partir do día seguinte ao do cesamento. Se a resolución comporta o reingreso ao servizo activo, o prazo de toma de posesión deberase computar desde a dita data.

O cómputo dos prazos posesorios iniciarase cando rematen os permisos ou licenzas que, se é o caso, lles fosen concedidos ás persoas interesadas.

Nos supostos de baixa temporal ou transitoria, o cómputo do prazo iniciarase a partir da correspondente alta.

Con independencia do establecido nos parágrafos anteriores, a persoa titular da consellería onde obteña novo destino o/a funcionario/a poderá conceder unha prórroga de incorporación ata un máximo de vinte (20) días hábiles se o destino implica cambio de residencia e así o solicita o interesado por razóns xustificadas.

Terceiro. A xefatura de persoal do centro en que cause baixa o/a funcionario/a, así como a daquel en que obteña destino, consignarán no título administrativo, dentro do prazo sinalado no punto anterior, as correspondentes dilixencias de cesamento e de toma de posesión, das cales se dará traslado, mediante copia, á Dirección Xeral da Función Pública.

Cuarto. Contra esta orde, que esgota a vía administrativa, as persoas interesadas poderán interpoñer recurso potestativo de reposición, perante a Consellería do Mar, no prazo dun mes contado desde o día seguinte ao da súa publicación no Diario Oficial de Galicia, de conformidade co establecido la Lei 30/1992, do 26 de novembro, na súa nova redacción dada pola Lei 4/1999, do 13 de xaneiro, ou poderán impugnala directamente, perante o xulgado do contencioso-administrativo competente, no prazo de dous meses contados a partir da mesma data, segundo o establecido nos artigos 8 e 14 da Lei 29/1998, do 13 de xullo, reguladora da xurisdición contencioso-administrativa.

Santiago de Compostela, 3 de xuño de 2016

A conselleira do Mar
P.D. (Orde do 30.3.2012; DOG núm. 70, do 12 de abril)
María Isabel Concheiro Rodríguez-Segade
Secretaria xeral técnica da Consellería do Mar

ANEXO

Apelidos e nome: Ferreira López, Nemesia.

NRP: 3265464413 A2053.

Grupo: C/C1.

Corpo/escala: corpo administrativo da Xunta de Galicia.

Denominación do posto: Xefatura Comarcal.

Código do posto: MR.C99.30.000.15350.001.

Nivel: 25.

Centro directivo ou dependencia: Xefatura Comarcal de Ferrol.

Localidade: Ferrol.