Descargar PDF Galego | Castellano| Português

DOG - Xunta de Galicia -

Diario Oficial de Galicia
DOG Núm. 117 Martes, 21 de xuño de 2016 Páx. 25717

VI. Anuncios

a) Administración autonómica

Consellería de Economía, Emprego e Industria

RESOLUCIÓN do 25 de maio de 2016, da Secretaría Xeral de Emprego, pola que se ordena a publicación no Diario Oficial de Galicia do depósito dos estatutos da Asociación de Asociacións dos Mercados Municipais Coruñeses.

En cumprimento do disposto no artigo 4.2 do Decreto 406/2009, do 22 de outubro, polo que se crea o Rexistro de Asociacións Profesionais de Traballadores Autónomos da Comunidade Autónoma de Galicia, faise público que no Servizo do Emprego Autónomo da Secretaría Xeral de Emprego están depositados os estatutos da Asociación de Asociacións dos Mercados Municipais Coruñeses, da cal se fan as seguintes indicacións:

Ámbito territorial: concello da Coruña.

Especialidade subxectiva e de obxectivos: representar os intereses do mercado e dos comerciantes potenciando o sector comercial.

Ámbito funcional: poderán ser integrantes da asociación todas aquelas asociacións de mercados que desenvolvan a súa actividade no ámbito territorial do concello da Coruña.

Asinantes da acta de constitución: Ángela Barrán Caridad, Consuelo Mª Hermida Parga, Juan Pablo Barbeito Mañana, Jesús Maroño Maña y Mónica Carballo Novoa.

Santiago de Compostela, 2 de xuño de 2016

Covadonga Toca Carús
Secretaria xeral de Emprego