Descargar PDF Galego | Castellano| Português

DOG - Xunta de Galicia -

Diario Oficial de Galicia
DOG Núm. 117 Martes, 21 de xuño de 2016 Páx. 25562

III. Outras disposicións

Vicepresidencia e Consellería de Presidencia, Administracións Públicas e Xustiza

DECRETO 70/2016, do 16 de xuño, polo que se concede a Medalla Castelao.

En atención aos méritos que neles concorren, por proposta do vicepresidente e conselleiro de Presidencia, Administracións Públicas e Xustiza, e logo de deliberación do Consello da Xunta de Galicia, na súa reunión do día dezaseis de xuño de dous mil dezaseis, concédeselle a Medalla Castelao a:

– Alfredo Conde Cid

– Xerardo Estévez Fernández

– María Teresa Miras Portugal

-– José Antonio Vilaboa Barreiro

– Coro Galego «Cántigas da Terra»

Santiago de Compostela, dezaseis de xuño de dous mil dezaseis

Alberto Núñez Feijóo
Presidente

Alfonso Rueda Valenzuela
Vicepresidente e conselleiro de Presidencia, Administracións Públicas e Xustiza