Descargar PDF Galego | Castellano| Português

DOG - Xunta de Galicia -

Diario Oficial de Galicia
DOG Núm. 117 Martes, 21 de xuño de 2016 Páx. 25757

VI. Anuncios

a) Administración autonómica

Portos de Galicia

CÉDULA do 2 de xuño de 2016 pola que se notifica resolución de desafiuzamento administrativo do local da antiga fábrica de xeo e superficie anexa do porto de Foz, provincia de Lugo.

De conformidade co disposto nos artigos 59.5 e 61 da Lei 30/1992, do 26 de novembro (BOE núm. 285, do 27 de novembro), modificada pola Lei 15/2014, do 16 de setembro (BOE núm. 226, do 17 de setembro), de réxime xurídico das administracións públicas e do procedemento administrativo común, notifícase a Tito Fernández Rego, mediante a publicación no Boletín Oficial del Estado, a Resolución do 16 de maio de 2016 que decreta o desafiuzamento administrativo do local da antiga fábrica de xeo e superficie anexa do porto de Foz, por non ser posible a notificación a través do servizo de Correos no último domicilio coñecido sito na rúa Trapero Pardo, número 2, 1º B, de Foz, provincia de Lugo.

Así mesmo, este anuncio publicarase no Diario Oficial de Galicia, ben que a eficacia do acto notificado quedará supeditada á súa publicación no BOE.

Segundo o informe da Xefatura da Zona Norte, o departamento está ocupado sen autorización, unha vez vencida e non renovada a autorización outorgada no ano 2012, e incumpriuse un requirimento da zona para proceder voluntariamente ao desaloxo, sen que sexa posible outorgar nova autorización dada a existencia de débedas en concepto de taxas portuarias.

Por non ser posible a notificación a través do servizo de Correos, no Boletín Oficial del Estado núm. 109, do 5 de maio de 2016, publicouse a cédula pola que se notifica requirimento previo ao desafiuzamento que outorgaba un prazo máximo de 10 días hábiles para proceder ao desaloxo voluntario, sen que o dito requirimento fose obxecto de cumprimento, e sen que exista tampouco constancia da formulación de alegacións por parte do interesado.

O presente acto administrativo, que emite a Presidencia do Consello de Administración da entidade pública Portos de Galicia, de acordo coas competencias previstas no artigo 114 da Lei 5/2011, de patrimonio da Comunidade Autónoma de Galicia, emítese en aplicación do artigo 113 desa lei, do artigo 103 do Real decreto lexislativo 2/2011, do 5 de setembro, que aproba o texto refundido da Lei de portos do Estado e da mariña mercante, e do artigo 31 do Decreto 227/1995, que aproba o Regulamento da entidade pública Portos de Galicia.

O departamento deberá ser abandonado nun prazo máximo de 10 días contados desde a publicación da presente cédula no Boletín Oficial del Estado, o que se formalizará coa entrega das chaves ao persoal de Portos de Galicia.

Transcorrido o prazo máximo de 10 días para proceder ao desaloxo voluntario, por tratarse dunha autorización extinguida, e ao abeiro do establecido no artigo 100 do Real decreto lexislativo 2/2011, do 5 de setembro, que aproba o texto refundido da Lei de portos do Estado e da mariña mercante, Portos de Galicia procederá a suspender sen mais trámites a subministración de auga e de enerxía eléctrica.

Ao abeiro do establecido nos artigos 103 do Real decreto lexislativo 2/2011, do 5 de setembro, que aproba o texto refundido da Lei de portos do Estado e da mariña mercante, e 125 da Lei 5/2011, de patrimonio da Comunidade Autónoma de Galicia, para a execución do desafiuzamento empregarase, de ser preciso, o auxilio das forzas e corpos de seguridade do Estado.

Contra o presente acto administrativo de iniciación non se admitirán accións interditais ou para a tutela sumaria da posesión das previstas na Lei de axuizamento civil.

Contra a presente resolución, que esgota a vía administrativa e é executiva, poderase interpor recurso contencioso-administrativo nun prazo de dous meses contados desde o día seguinte ao da publicación desta cédula, perante, a elección do interesado, o xulgado do contencioso-administrativo correspondente á circunscrición onde teña aquel o seu domicilio ou o xulgado do contencioso-administrativo que corresponda de Santiago de Compostela.

Santiago de Compostela, 2 de xuño de 2016

José Juan Durán Hermida
Presidente de Portos de Galicia