Descargar PDF Galego | Castellano| Português

DOG - Xunta de Galicia -

Diario Oficial de Galicia
DOG Núm. 116 Luns, 20 de xuño de 2016 Páx. 25313

III. Outras disposicións

Escola Galega de Administración Pública

CORRECCIÓN de erros. Resolución do 23 de maio de 2016 pola que se convoca o Programa de autoformación para o persoal ao servizo da Administración da Comunidade Autónoma de Galicia.

Advertido erro na citada resolución, publicada no Diario Oficial de Galicia núm. 106, do 6 de xuño de 2016, cómpre facer as seguintes correccións:

– Na páxina 22385, anexo I, onde di: «FC16223 Violencia de xénero-Contidos», debe dicir: «FC16223 Violencia de xénero e mulleres con discapacidade-Contidos».

– Na páxina 22389, anexo II, onde di: «FC16224 T01 Violencia de xénero-Proba de avaliación», debe dicir: «FC16224 T01 Violencia de xénero e mulleres con discapacidade-Proba de avaliación».