Descargar PDF Galego | Castellano| Português

DOG - Xunta de Galicia -

Diario Oficial de Galicia
DOG Núm. 116 Luns, 20 de xuño de 2016 Páx. 25482

VI. Anuncios

a) Administración autonómica

Consellería de Economía, Emprego e Industria

RESOLUCIÓN do 24 de maio de 2016, da Xefatura Territorial de Pontevedra, pola que se somete a información pública a petición de autorización dunha instalación eléctrica no concello de Barro (expediente IN407A 2016/84-4).

Para os efectos previstos na Lei 24/2013, do 26 de decembro, do sector eléctrico, e no artigo 125 do Real decreto 1955/2000, do 1 de decembro, polo que se regulan as actividades de transporte, distribución, comercialización, subministración e procedementos de autorización de instalacións de enerxía eléctrica, sométese a información pública a petición de autorización da instalación eléctrica que se describe:

Solicitante: Unión Fenosa Distribución, S.A.

Domicilio social: avenida de Arteixo, 171, 15007 A Coruña.

Denominación: subestación Barro 66/20 kV.

Situación: Barro.

Características técnicas: subestación composta por dous transformadores de intemperie 66/20 kV de 12 MVA de potencia cada un, en illamento de aceite e un edificio cuberto onde se instala o parque de 66 kV, o parque de 20 kV, mediante celas blindadas illadas en SF6, e os servizos auxiliares co seu cadro para distribución, baterías, cableados e dous transformadores de servizos auxiliares de 160 kVA cada un, con RT 20 kV/420 V, e a súa protección correspondente. A instalación está situada no polígono industrial SRAU Outeda-Curro, no concello de Barro.

Todas aquelas persoas ou entidades que se consideren afectadas poderán presentar as súas alegacións nesta xefatura territorial, Edificio Administrativo avenida Fernández Ladreda 43, 5º, no prazo de vinte días. Así mesmo, e durante o mencionado prazo, tamén se poderá examinar o proxecto da instalación.

Pontevedra, 24 de maio de 2016

Ignacio Rial Santomé
Xefe territorial de Pontevedra