Descargar PDF Galego | Castellano| Português

DOG - Xunta de Galicia -

Diario Oficial de Galicia
DOG Núm. 115 Venres, 17 de xuño de 2016 Páx. 24888

VI. Anuncios

a) Administración autonómica

Consellería do Mar

ANUNCIO do 6 de xuño de 2016, da Dirección Xeral de Pesca, Acuicultura e Innovación Tecnolóxica, polo que se notifica o requirimento de documentación.

De conformidade co disposto nos artigos 59.5 e 61 da Lei 30/1992, do 26 de novembro, de réxime xurídico das administracións públicas e do procedemento administrativo común (BOE núm. 258, do 27 de novembro), logo de intentada sen éxito a notificación persoal a través do servizo de Correos, notifícaselle á persoa interesada o acto administrativo que se sinala no anexo.

A eficacia do acto queda supeditada á súa publicación no taboleiro de edictos único do Boletín Oficial del Estado e o prazo computarase desde esa publicación.

A persoa interesada poderá comparecer nas oficinas da sede da Dirección Xeral de Pesca, Acuicultura e Innovación Tecnolóxica da Consellería do Mar; Edificio Administrativo San Caetano, s/n, 15780 Santiago de Compostela, das 9.00 ás 14.00 horas, de luns a venres, para o coñecemento íntegro do requirimento de documentación.

Concédeselle ao interesado un prazo de quince (15) días, contados a partir do día seguinte ao da publicación no BOE, para que presente as alegacións que considere oportunas en defensa dos seus intereses.

Santiago de Compostela, 6 de xuño de 2016

Juan Carlos Maneiro Cadillo
Director xeral de Pesca, Acuicultura e Innovación Tecnolóxica

ANEXO

Interesado: Joaquín Plana Oliveira.

NIF: 76414406B.

Acto de notificación: requirimento para acreditar a titularidade de establecemento de cultivos mariños ou achegar copia cotexada de solicitude presentada na Capitanía Marítima para o cambio de lista ou para a baixa definitiva da embarcación de 4ª lista José Juan Uno (FE-4-11-01).

Último enderezo coñecido: avenida do Mar, nº 6, 1º, 15620 Mugardos (A Coruña).