Descargar PDF Galego | Castellano| Português

DOG - Xunta de Galicia -

Diario Oficial de Galicia
DOG Núm. 115 Venres, 17 de xuño de 2016 Páx. 24879

VI. Anuncios

a) Administración autonómica

Consellería de Economía, Emprego e Industria

RESOLUCIÓN do 1 de xuño de 2016, da Xefatura Territorial de Pontevedra, pola que se fai pública a inscrición do acordo de modificación de estatutos sociais da entidade Consumo Consciente Árbore, Sociedade Cooperativa Galega.

No artigo 74 da Lei 5/1998, do 18 de decembro, de cooperativas de Galicia, modificada pola Lei 14/2011, do 16 de decembro, e no Decreto 430/2001, do 18 de decembro, polo que se aproba o Regulamento do Rexistro de Cooperativas de Galicia, no artigo 53, establece a obrigatoriedade de publicar, no Diario Oficial de Galicia, a modificación dos artigos 2 e 4 dos estatutos sociais (cambio do domicilio e ampliación do obxecto social), da entidade Consumo Consciente Árbore, Sociedade Cooperativa Galega, acordada na asemblea xeral do 7 de xuño de 2015, pola maioría establecida nos seus estatutos. Consta como novo domicilio social en rúa López Mora, 30, baixo, concello de Vigo, provincia de Pontevedra.

Como ampliación do obxecto social, engádense ao artigo 4 os seguintes parágrafos:

«b) Formación e educación no consumo responsable

c) Obradoiros de horta, cociña e elaboración de produtos para o fogar

d) Asesoramento».

RESOLVO:

Dispoñer a publicación no Diario Oficial de Galicia, da modificación dos artigos 2 e 4 dos estatutos (cambio do domicilio social e ampliación do obxecto social), da entidade Consumo Consciente Árbore, Sociedade Cooperativa Galega.

Vigo, 1 de xuño de 2016

Ignacio Rial Santomé
Xefe territorial de Pontevedra