Descargar PDF Galego | Castellano| Português

DOG - Xunta de Galicia -

Diario Oficial de Galicia
DOG Núm. 115 Venres, 17 de xuño de 2016 Páx. 24850

VI. Anuncios

a) Administración autonómica

Consellería de Medio Ambiente e Ordenación do Territorio

RESOLUCIÓN do 13 de xuño de 2016, da Secretaría Xeral Técnica da Consellería de Medio Ambiente e Ordenación do Territorio, pola que se anuncia a licitación, polo procedemento aberto non suxeito a regulación harmonizada, para a contratación da subministración de equipamento para as estacións oceanográficas, cofinanciado polo Fondo Europeo de Desenvolvemento Rexional nun 80 % no marco do programa operativo Feder Galicia 2014-2020.

1. Entidade adxudicadora:

a) Organismo: Consellería de Medio Ambiente e Ordenación do Territorio.

b) Dependencia que tramita o expediente: Secretaría Xeral Técnica.

c) Obtención de documentación e información:

1º. Dependencia: Subdirección Xeral de Contratación e do Patrimonio.

2º. Domicilio: San Lázaro, s/n.

3º. Localidade e código postal: Santiago de Compostela 15781.

4º. Teléfono: 881 99 53 85.

5º. Telefax: 881 99 93 26.

6º. Correo electrónico: tramitacion-contractual.cmot@xunta.es.

7º. Enderezo da internet do perfil do contratante:

http://www.contratosdegalicia.es/resultado.jsp?N=35935.

8º. Data límite de obtención de documentación e información: ata as 14.00 horas do derradeiro día de presentación de ofertas.

d) Número de expediente: 8/2016 CA.

2. Obxecto do contrato:

a) Tipo: subministración.

b) Descrición do obxecto: subministración de equipamento para as estacións oceanográficas.

c) División por lotes e número: si.

– Lote 1: un (1) equipamento CT-ODO para monitorización de condutividade, temperatura e oxíxeno disolto, con caixa de plástico, capacidade 250 m, sistema para xestión e transmisión de datos e con accesorios necesarios para o seu correcto funcionamento.

– Lote 2: un (1) equipamento para a monitorización de correntes mariñas en tempo real (ACDP), con sistema para xestión e transmisión de datos.

d) Lugar de execución/entrega: cláusula 11.1 do prego de cláusulas administrativas particulares.

e) Prazo de entrega: cláusula 11.1 do prego de cláusulas administrativas particulares e número 8 do seu cadro de características.

f) Admisión de prórroga: non.

g) CPV (referencia de nomenclatura): 38344000-8.

3. Tramitación e procedemento:

a) Tramitación: ordinaria.

b) Procedemento: aberto.

c) Criterios de adxudicación: os especificados na cláusula 6.5.2 do prego de cláusulas administrativas particulares.

4. Valor estimado do contrato: 36.774,00 €.

5. Orzamento base de licitación:

Importe neto: 36.774,00 €. Importe total: 44.496,54 €.

Lote 1: importe neto: 12.956,00 €. Importe total: 15.676,76 €.

Lote 2: importe neto: 23.818,00 €. Importe total: 28.819,78 €.

Esta contratación é financiada polo Fondo Europeo de Desenvolvemento Rexional (Feder) nun 80 % no marco do programa operativo Feder Galicia 2014-2020. Eixe prioritario 5 «Promover a adaptación ao cambio climático e a prevención e xestión de riscos», prioridade de investimento 05.01 «Apoio ao investimento destinado á adaptación ao cambio climático, incluídos planeamentos nos ecosistemas», obxectivo específico 05.01.01 «Desenvolvemento de coñecementos e elaboración de plans en relación coa adaptación ao cambio climático e a prevención de riscos, incluíndo os sistemas de alerta temperá, de seguimento e avaliación».

6. Garantías exixidas:

Definitiva (5 % do orzamento de licitación, excluído o IVE):

Lote 1: 647,80 €.

Lote 2: 1.190,90 €.

7. Requisitos específicos do contratista:

Solvencia económica e financeira e solvencia técnica e profesional: a especificada na cláusula 6.5.5 do prego de cláusulas administrativas particulares e no número 5 do seu cadro de características.

8. Presentación de ofertas:

a) Data límite de presentación: 15 días naturais contados desde o día seguinte ao da súa publicación no Diario Oficial de Galicia. Se o último día de presentación coincide en sábado ou día inhábil o prazo de presentación rematará o primeiro día hábil seguinte.

b) Modalidade de presentación: a sinalada na cláusula 6.2.do prego de cláusulas administrativas particulares.

c) Lugar de presentación:

1º. Dependencia: Rexistro da Consellería de Medio Ambiente e Ordenación do Territorio.

2º. Domicilio: San Lázaro, s/n.

3º. Localidade e código postal: Santiago de Compostela 15781.

d) Admisión de variantes: non.

e) Prazo durante o cal o licitador estará obrigado a manter a súa oferta: dous meses contados desde a data de apertura de proposicións. O devandito prazo ampliarase en quince (15) días hábiles cando sexa necesario seguir os trámites a que se refire o artigo 152.3 do Real decreto lexislativo 3/2011, do 14 de novembro, polo que se aproba o texto refundido da Lei de contratos do sector público.

9. Apertura de ofertas:

a) Descrición: apertura pública.

b) Enderezo: San Lázaro, s/n.

c) Localidade e código postal: Santiago de Compostela 15781.

d) Data e hora: publicaranse no perfil do contratante a data e a hora da apertura dos sobres B.

10. Subcontratación: de acordo co establecido na cláusula 18 do prego de cláusulas administrativas particulares.

11. Gastos de publicidade: o importe dos gastos de publicidade será por conta do adxudicatario.

Santiago de Compostela, 13 de xuño de 2016

María Jesús Lorenzana Somoza
Secretaria xeral técnica da Consellería de Medio Ambiente e Ordenación do Territorio