Descargar PDF Galego | Castellano| Português

DOG - Xunta de Galicia -

Diario Oficial de Galicia
DOG Núm. 115 Venres, 17 de xuño de 2016 Páx. 24899

VI. Anuncios

a) Administración autonómica

Axencia para a Modernización Tecnolóxica de Galicia

RESOLUCIÓN do 10 de xuño de 2016 pola que se anuncia a licitación, suxeita a regulación harmonizada, documentalmente simplificada, do servizo de integración de centros e novas funcionalidades no catálogo colectivo da Rede de bibliotecas de Galicia, cofinanciado nun 80 % polo Fondo Europeo de Desenvolvemento Rexional no marco do programa operativo Feder Galicia 2014-2020 (expediente 49/2016).

missing image file

1. Entidade adxudicadora.

a) Organismo: Axencia para a Modernización Tecnolóxica de Galicia.

b) Dependencia que tramita o expediente: Departamento de Contratación.

c) Número de expediente: 49/2016.

2. Obxecto do contrato.

a) Descrición do obxecto: integración de 70 novas bibliotecas da Rede de bibliotecas de Galicia no Catálogo colectivo único e a evolución e desenvolvemento de novas funcionalidades no Sistema integrado de xestión bibliotecaria.

b) División por lotes e número: non.

c) Prazo de execución: 18 meses contado a partir do 1.10.2016. Se a data de formalización do contrato fose posterior a esta última, o prazo de execución de 18 meses computarase desde a data de formalización do contrato.

d) Admisión de prórroga: sí, por un prazo igual ou inferior ao fixado orixinariamente, para os servizos de evolución e soporte técnico especializado, que non suporán máis dun 39 % do obxecto do contrato.

3. Tramitación e procedemento de adxudicación.

a) Tramitación: ordinaria.

b) Procedemento: aberto.

4. Orzamento de licitación: o orzamento máximo autorizado é de 545.400,00 € (cincocentos corenta e cinco mil catrocentos euros), máis 114.534,00 € (cento catorce mil cincocentos trinta e catro euros) que corresponden ao IVE (21 %), o que supón un total de 659.934,00 € (seiscentos cincuenta e nove mil novecentos trinta e catro euros).

5. Garantía provisional: non se exixe.

6. Obtención da documentación e da información.

a) Entidade: Axencia para a Modernización Tecnolóxica de Galicia.

b) Dirección: Monte Gaiás, s/n.

c) Localidade e código postal: Santiago de Compostela, 15781.

d) Teléfono: 981 54 52 86.

e) Fax: 981 54 52 74.

f) Perfil do contratante: http://www.contratosdegalicia.es/resultado.jsp?N=35500

g) Data límite de obtención de documentos e da información: ata o último día de presentación das proposicións.

7. Requisitos específicos do contratista: véxase o prego de cláusulas administrativas particulares.

8. Presentación de ofertas.

a) Data límite de presentación: o prazo de admisión de proposicións rematará o día 20.7.2016, de acordo o establecido no artigo 159 do Real decreto lexislativo 3/2011, do 14 de novembro, polo que se aproba o texto refundido da Lei de contratos do sector público.

b) Documentación que deberá presentarse: a indicada no prego de cláusulas administrativas particulares.

c) Lugar de presentación:

1. Entidade: Rexistro da Amtega.

2. Dirección: Edificio CINC, Monte Gaiás, s/n.

3. Localidade e código postal: Santiago de Compostela, 15781.

Cando a proposición se envíe por correo, deberá cumprirse o establecido no punto 10.2 do prego de cláusulas administrativas particulares.

d) Admisión de variantes: non se admiten.

9. Apertura das ofertas.

O lugar, día e hora de apertura da documentación relativa aos sobres B e C indicarase no perfil do contratante.

10. Criterios que servirán de base para a adxudicación do contrato e a súa ponderación: os sinalados no punto 8 do prego de cláusulas administrativas particulares.

11. Gastos dos anuncios: serán por conta do adxudicatario.

12. Data de envío do anuncio de licitación ao DOUE: 10 de xuño de 2016

Santiago de Compostela, 10 de xuño de 2016

Mar Pereira Álvarez
Directora da Axencia para a Modernización Tecnolóxica de Galicia