Descargar PDF Galego | Castellano| Português

DOG - Xunta de Galicia -

Diario Oficial de Galicia
DOG Núm. 114 Xoves, 16 de xuño de 2016 Páx. 24762

VI. Anuncios

a) Administración autonómica

Consellería de Economía, Emprego e Industria

RESOLUCIÓN do 20 de maio de 2016, da Xefatura Territorial da Coruña, pola que se somete a información pública a petición de autorización administrativa previa e de construción dunha instalación de distribución eléctrica no concello de Culleredo (expediente IN407A 2016/492-1).

Expediten: IN407A 2016/492-1.

Solicitante: Unión Fenosa Distribución, S.A.

Denominación: recuamento LMT SMC-705 lugar das Catas, Almeiras.

Concello: Culleredo.

Características técnicas: retensamento da liña de media tensión SMC-705 (actuación nº 1), a 15 kV, cunha lonxitude de 0,079 km, con orixe no apoio nº 11 existente da LMT SMC-705 (expediente 10,072), no tramo entre o CT Rafael Dieste (expediente 398/05) e o CT As Catas (expediente 350/09), condutor tipo Pigeon/99,22 mm2 Al (condutor existente) e final en apoio nº 12 proxectado para intercalar na LMT SMC-705 (expediente 10.072), no tramo entre o CT Rafael Dieste (expediente 398/05) e o CT As Catas (expediente 350/09).

Retensamento da liña de media tensión SMC-705 (actuación nº 2), a 15 kV, cunha lonxitude de 0,116 km, con orixe no apoio nº 15 proxectado que substitúe o existente da LMT SMC-705 (expediente 10.072), no tramo entre o CS Aeroporto, a deixar sen servizo, e a derivada ao CT particular Archivo 2000, condutor tipo Pigeon/99,22 mm2 Al (condutor existente) e final en apoio nº 16 existente da LMT SMC-705 (expediente 10.072), no tramo entre o CS Aeroporto, para deixar sen servizo, e a derivada ao CT particular Archivo 2000.

Liña eléctrica de media tensión subterránea, a 15 kV, cunha lonxitude de 0,557 km, coa orixe no paso de aéreo a subterráneo que se realizará no apoio nº 12 proxectado para intercalar na LMT SMC-705 (expediente 10.072), no tramo entre o CT Rafael Dieste (expediente 398/05) e o CT As Catas (expediente 350/09), en condutor tipo RHZ1-2OL 12/20 kV 1×240 mm2 Al, e final en paso de subterráneo a aéreo, que se realizará no apio nº 15 proxectado, que substitúe o existente da LMT SMC-705 (expediente 10.072), no tramo entre o CS Aeroporto, para deixar sen servizo, e a derivada ao CT particular Archivo 2000, despois de realizar entrada e saída no CT As Catas (expediente 350/09).

Lexislación de aplicación:

– Lei 24/2013, do 26 de decembro, do sector eléctrico (BOE núm. 310, do 27 de decembro de 2013).

– Real decreto 1955/2000, do 1 de decembro, polo que se regulan as actividades de transporte, distribución, comercialización, subministración e procedementos de autorización de instalacións de enerxía eléctrica (BOE núm. 310, do 1 de decembro de 2000).

– Resolución do 19 de febreiro de 2014 pola que se aproba o procedemento de autorización administrativa de construción de acordo co previsto na Lei 24/2013, do 26 de decembro, do sector eléctrico (DOG núm. 54, do 19 de marzo de 2014).

Todas aquelas persoas ou entidades que se consideren afectadas poderán examinar o expediente e presentar alegacións na Xefatura Territorial de Economía, Emprego e Industria, sita na rúa Vicente Ferrer, 2, 2ª planta, 15071 A Coruña, no prazo de vinte días, a partir do día seguinte ao da última publicación desta resolución.

A Coruña, 20 de maio de 2016

Isidoro Martínez Arca
Xefe territorial da Coruña