Descargar PDF Galego | Castellano| Português

DOG - Xunta de Galicia -

Diario Oficial de Galicia
DOG Núm. 114 Xoves, 16 de xuño de 2016 Páx. 24744

VI. Anuncios

a) Administración autonómica

Consellería de Economía, Emprego e Industria

RESOLUCIÓN do 15 de marzo de 2016, da Xefatura Territorial de Lugo, pola que se somete a información pública a solicitude formulada para a actualización do proxecto de explotación e o plan de restauración da concesión de explotación Cupido, fracción segunda número 5359.2, na provincia de Lugo, e o seu outorgamento.

Para os efectos previstos no artigo 21 da Lei 3/2008, do 23 de maio, de ordenación da minaría de Galicia, sométese a información pública a solicitude para a actualización dos proxectos e o outorgamento da concesión mineira que a continuación se describe:

Solicitante: Cupire Padesa, S.L.

Domicilio social: A Medua, s/n, 32330 Sobradelo de Valdeorras, Ourense.

Denominación da explotación: Cupido fracción segunda número 5359.2.

Situación: Quiroga, provincia de Lugo.

As persoas ou entidades que se consideren afectadas polo citado proxecto poderán examinalo nas dependencias do Servizo de Enerxía e Minas desta xefatura territorial, no concello de Quiroga e no portal da Consellería de Economía, Emprego e Industria
(http://economiaeindustria.xunta.es/expediente-explotacions-mineiras) e formular as súas alegacións perante este órgano administrativo, con enderezo na rolda da Muralla, 70, 27071 Lugo, presentándoas en calquera das oficinas previstas no artigo 38.4 da Lei 30/1992, do 26 de novembro, de réxime xurídico das administracións públicas e do procedemento administrativo común.

Lugo, 15 de marzo de 2016

Pilar Fernández López
Xefa territorial de Lugo