Descargar PDF Galego | Castellano| Português

DOG - Xunta de Galicia -

Diario Oficial de Galicia
DOG Núm. 114 Xoves, 16 de xuño de 2016 Páx. 24711

IV. Oposicións e concursos

Consellería de Cultura, Educación e Ordenación Universitaria

RESOLUCIÓN do 10 de xuño de 2016, da Dirección Xeral de Centros e Recursos Humanos, pola que se fai pública a lista definitiva dos opositores que deberán realizar a proba de acreditación do coñecemento de lingua castelá nos procedementos selectivos de ingreso e acceso ao corpo de inspectores de Educación, ao corpo de profesores de ensino secundario, ao corpo de profesores técnicos de formación profesional, ao corpo de mestres e procedemento de adquisición de novas especialidades polo persoal funcionario de carreira dos corpos de profesores de ensino secundario, profesores técnicos de formación profesional e mestres da Comunidade Autónoma de Galicia.

Transcorrido o prazo previsto na resolución pola que se fixeron públicas as listas provisionais de admitidos e excluídos nos procedementos selectivos de ingreso e acceso ao corpo de inspectores de Educación, ao corpo de profesores de ensino secundario, ao corpo de profesores técnicos de formación profesional, ao corpo de mestres e procedemento de adquisición de novas especialidades polo persoal funcionario de carreira dos corpos de profesores de ensino secundario, profesores técnicos de formación profesional e mestres da Comunidade Autónoma de Galicia, convocados pola Orde do 4 de abril de 2016 (DOG do 19 de abril), e xa que se debe realizar a proba de coñecemento da lingua castelá, de acordo coa base sexta da citada orde.

A Dirección Xeral de Centros e Recursos Humanos

RESOLVE:

Primeiro. Facer pública a lista definitiva de opositores que deberán realizar a proba de lingua castelá dos procedementos selectivos de ingreso e acceso ao corpo de inspectores de Educación, ao corpo de profesores de ensino secundario, ao corpo de profesores técnicos de formación profesional, ao corpo de mestres e procedemento de adquisición de novas especialidades polo persoal funcionario de carreira dos corpos de profesores de ensino secundario, profesores técnicos de formación profesional e mestres da Comunidade Autónoma de Galicia.

Segundo. Recórdase que a data da proba de acreditación de coñecemento de lingua castelá será o día 18 de xuño de 2016, no IES As Fontiñas; rúa Estocolmo, 5, Santiago de Compostela, segundo a Resolución do 31 de maio de 2016 (DOG do 8 de xuño) e que a dita proba é eliminatoria.

Santiago de Compostela, 10 de xuño de 2016

José Manuel Pinal Rodríguez
Director xeral de Centros e Recursos Humanos

ANEXO

Apelidos e nome

DNI/NIE

1

Haigh Odette, Martine Adèle

X9594819R