Descargar PDF Galego | Castellano| Português

DOG - Xunta de Galicia -

Diario Oficial de Galicia
DOG Núm. 113 Mércores, 15 de xuño de 2016 Páx. 24558

VI. Anuncios

a) Administración autonómica

Consello de Contas de Galicia

ANUNCIO do 30 de maio de 2016 polo que se dá publicidade da situación patrimonial dos altos cargos desta institución, de acordo co previsto polo Pleno do 27 de xaneiro de 2016, ao establecer o réxime provisional aplicable á presentación, publicidade e comunicación ao Parlamento das declaracións de actividades e bens patrimoniais dos conselleiros e conselleiras, así como da persoa titular da súa secretaría xeral.

O Pleno do Consello de Contas de Galicia, na súa sesión do 27 de xaneiro de 2016, aprobou o réxime provisional aplicable á presentación, publicidade e comunicación ao Parlamento das declaracións de actividades e de bens patrimoniais dos conselleiros e conselleiras do Consello de Contas de Galicia, así como da persoa titular da súa Secretaría Xeral. No dito acordo especifícase que «en calquera caso, unha declaración sucinta de bens patrimoniais dos conselleiros e conselleiras e da persoa titular da Secretaría Xeral, omitindo os datos referentes á localización dos elementos patrimoniais para salvagardar a privacidade e seguridade dos seus titulares, será obxecto de publicación no DOG (…).

Nesta declaración sucinta, cuxo modelo se aproba como anexo IV, non se incluirán os seguros de vida e, no suposto de bens indivisos, indicarase o valor que corresponda segundo a porcentaxe de participación do declarante no ben ou dereito patrimonial».

Procede, en consecuencia, dar publicidade ao contido dos anexos presentados para tal efecto, comprensivos da situación patrimonial que declaran ao seu nomeamento os conselleiros e conselleiras do Consello de Contas de Galicia.

Santiago de Compostela, 30 de maio de 2016

José Antonio Redondo López
Conselleiro Maior

ANEXO

Declaración por nomeamento

• Titular do cargo: CONSTANTINO CARREIRAS SOUTO

• Cargo público que ocupa a persoa declarante: CONSELLEIRO DO CONSELLO DE CONTAS

• Motivo da declaración: TOMA DE POSESIÓN

• Declaración de bens:

I. Activo:

a) Bens inmobles (segundo o seu valor catastral)......122.386,59 €

b) Valor total doutros bens........................................... 34.905,81 €

II. Pasivo (créditos, préstamos, débedas, etc.)

• Titular do cargo: BEATRIZ RODRÍGUEZ FRAGA

• Cargo público que ocupa a persoa declarante: CONSELLEIRA DO CONSELLO DE CONTAS

• Motivo da declaración: TOMA DE POSESIÓN

• Declaración de bens:

I. Activo:

a) Bens inmobles (segundo o seu valor catastral)........... 112.155,47 €

b) Valor total doutros bens................................................. 40.011,03 €

II. Pasivo (créditos, préstamos, débedas, etc.).................165.683,06 €