Descargar PDF Galego | Castellano| Português

DOG - Xunta de Galicia -

Diario Oficial de Galicia
DOG Núm. 113 Mércores, 15 de xuño de 2016 Páx. 24539

VI. Anuncios

a) Administración autonómica

Consellería do Mar

ANUNCIO do 2 de xuño de 2016, da Xefatura Territorial da Coruña, polo que se notifica a proposta de resolución do expediente PSC-RI-0392/2015-PPM e tres máis.

De conformidade co disposto nos artigos 59.5 e 61 da Lei 30/1992, do 26 de novembro, de réxime xurídico das administracións públicas e do procedemento administrativo común (BOE núm. 285, do 27 de novembro), logo de ser intentada sen éxito a notificación persoal a través do servizo de Correos, notifícaselles ás persoas interesadas que se sinalan no anexo deste anuncio a proposta de resolución do expediente PSC-RI-0392/2015-PPM e tres máis.

A eficacia do acto queda supeditada á súa publicación no taboleiro de edictos único do Boletín Oficial del Estado (TEU do BOE), polo que o prazo para presentar alegacións se computará desde esa publicación.

As persoas interesadas poderán comparecer nas oficinas da sede da Xefatura Territorial da Coruña da Consellería do Mar, sitas na rúa Ramón y Cajal, 2, 5º, A Coruña, das 9.00 ás 14.00 horas, de luns a venres, para o coñecemento íntegro da proposta de resolución e constancia de tal coñecemento.

As persoas interesadas dispoñen dun prazo de quince días, contados a partir do seguinte ao da publicación deste anuncio no TEU do BOE, para formularen as alegacións e presentaren os documentos e informacións que xulguen oportunos. No mesmo prazo ponse o procedemento de manifesto para trámite de audiencia.

A Coruña, 2 de xuño de 2016

Juan Carlos Barreiro González
Xefe territorial da Coruña

ANEXO

Expediente: PSC-RI-0392/2015-PPM.

Persoa interesada: Joaquín José Fernández Santos.

Acto de notificación: proposta de resolución.

Último enderezo coñecido: rúa Entrerríos, 6, 4º F, 15200 Noia (A Coruña).

Expediente: PSC-CO-0148/2016-PPM.

Persoa interesada: Manuel Cobas Fernández.

Acto de notificación: proposta de resolución.

Último enderezo coñecido: rúa Sánchez Calviño, 62, 5º D, 15400 Ferrol (A Coruña).

Expediente: PESAN1 2012/1274-1.

Persoa interesada: Bohdan Kunystsky.

Acto de notificación: proposta de resolución.

Último enderezo coñecido: rúa Irmandiños, 28, 15960 Ribeira (A Coruña).

Expediente: PESAN1 2012/1275-1.

Persoa interesada: Stanislav Dyomin.

Acto de notificación: proposta de resolución.

Último enderezo coñecido: rúa Clara Campoamor, 4, 1º A, 15960 Ribeira (A Coruña).