Descargar PDF Galego | Castellano| Português

DOG - Xunta de Galicia -

Diario Oficial de Galicia
DOG Núm. 113 Mércores, 15 de xuño de 2016 Páx. 24520

VI. Anuncios

a) Administración autonómica

Consellería de Economía, Emprego e Industria

RESOLUCIÓN do 1 de xuño de 2016, da Xefatura Territorial da Coruña, pola que se somete a información pública a petición de autorización administrativa previa e a autorización administrativa de construción dunha instalación eléctrica no concello de Ribeira (expediente IN407A 2016/382-1).

Para os efectos previstos na Lei 24/2013, do 26 de decembro (BOE núm. 310), e no artigo 125 do Real decreto 1955/2000, do 1 de decembro, polo que se regulan as actividades de transporte, distribución, comercialización, subministración e procedementos de autorización de instalacións de enerxía eléctrica, sométese a información pública a petición de autorización da instalación eléctrica que se describe:

Solicitante: Concello de Ribeira.

Domicilio social: praza lonxa, 15960 Ribeira.

Denominación: proxecto LMTS, CTEP SUBT. 630 kVA a 20 kV en Ribeira. Avenida Malecón, 39.

Situación: avenida Malecón, 39, Ribeira.

Características técnicas: liña de media tensión subterránea, con inicio na liña PMR803 (entre CT 15CY93 e CT 15SY98), condutor RHZ1 2OL 12/20 kV 3×(1×240 mm2), Al, lonxitude 37 m, e final no centro de seccionamento proxectado.

Centro de transformación (21LP) en edificio prefabricado subterráneo. Celas prefabricadas de entrada, saída e protección (24 kV, 400 A, 16 kA). Transformador de 630 kVA, refrixeración natural en baño de aceite mineral e relación 20kV/420 V.

Todas aquelas persoas ou entidades que se consideren afectadas poderán examinar o proxecto e/ou presentar as súas alegacións neste xefatura territorial, situada no Edificio Administrativo Monelos, na rúa Vicente Ferrer, 2, 1º andar, 15071 A Coruña, no prazo de vinte días, contados a partir do día seguinte ao da publicación, artigos 48 e 86 da Lei 30/1992, do 26 de novembro, de réxime xurídico das administracións públicas e do procedemento administrativo común, modificada pola Lei 4/1999, do 13 de xaneiro.

A Coruña, 1 de xuño de 2016

Isidoro Martínez Arca
Xefe territorial da Coruña