Descargar PDF Galego | Castellano| Português

DOG - Xunta de Galicia -

Diario Oficial de Galicia
DOG Núm. 113 Mércores, 15 de xuño de 2016 Páx. 24507

VI. Anuncios

a) Administración autonómica

Vicepresidencia e Consellería de Presidencia, Administracións Públicas e Xustiza

ANUNCIO do 3 de xuño de 2016, da Secretaría Xeral de Medios, polo que se notifica a execución da sanción imposta no expediente sancionador SXMEDIOS 7/2015 en materia de prestación do servizo de comunicación audiovisual.

Ante o resultado negativo de dous intentos de notificación no domicilio sinalado pola empresa interesada e de conformidade co artigo 59.5 da Lei 30/1992, do 26 de novembro, de réxime xurídico das administracións públicas e do procedemento administrativo común, mediante este anuncio notifícaselle á empresa que a seguir se relaciona a execución da sanción imposta no expediente sancionador SXMEDIOS 7/2015.

Este anuncio publicarase no Diario Oficial de Galicia (DOG), pero entenderase que a notificación é efectiva no día da súa publicación no taboleiro de edictos único (TEU) do Boletín Oficial del Estado (BOE).

A empresa interesada deberá facer efectiva a sanción e cesar voluntariamente a prestación do servizo, o que será obxecto de comprobación posterior por parte da autoridade competente. Así mesmo, poderá recoller os impresos para o pagamento da multa nas dependencias da Secretaría Xeral de Medios, sita no Edificio Administrativo San Caetano, s/n, Santiago de Compostela, das 9.00 ás 14.00 horas de luns a venres. O prazo de pagamento en período voluntario será o establecido no artigo 62.2 da Lei 58/2003, do 17 de decembro, xeral tributaria. De non realizar o ingreso no prazo indicado procederase ao seu cobramento pola vía de constrinximento segundo o disposto no artigo 97 da Lei 30/1992.

Expediente: SXMEDIOS 7/2015.

Denunciada: Targedis, S.L.

Resolución: 26 de febreiro de 2016.

Precepto infrinxido: artigo 57.6 da Lei 7/2010, xeral de comunicación audiovisual.

Sanción imposta: 100.001 euros, cesamento de emisións e precintaxe provisional dos equipamentos e instalacións utilizados para a emisión.

Sanción que se vai executar: 100.001 euros e cesamento de emisións.

Santiago de Compostela, 3 de xuño de 2016

Mar Sánchez Sierra
Secretaria xeral de Medios