Descargar PDF Galego | Castellano| Português

DOG - Xunta de Galicia -

Diario Oficial de Galicia
DOG Núm. 113 Mércores, 15 de xuño de 2016 Páx. 24530

VI. Anuncios

a) Administración autonómica

Consellería de Cultura, Educación e Ordenación Universitaria

RESOLUCIÓN do 10 de xuño de 2016, da Secretaría Xeral Técnica da Consellería de Cultura, Educación e Ordenación Universitaria, pola que se anuncia a licitación, mediante procedemento aberto non suxeito a regulación harmonizada, da contratación documentalmente simplificada da subministración de mesas de profesor con cadeira, armarios libraría, pupitre unipersoal M-19, entre outros, con destino aos centros educativos de primaria e secundaria que dependen desta consellería (expediente ED-05/16SU).

1. Entidade adxudicadora.

a) Organismo: Consellería de Cultura, Educación e Ordenación Universitaria.

b) Dependencia que tramita o expediente: Secretaría Xeral Técnica. Subdirección Xeral de Construcións e Equipamento. Servizo de Obras e Equipamentos.

c) Número de expediente: ED-05/16SU.

2. Obxecto do contrato.

a) Descrición do obxecto: adquisición de mesas de profesor con cadeira, armarios libraría, pupitre unipersoal M-19, entre outros, con destino aos centros educativos de primaria e secundaria que dependen da Consellería.

b) División por lotes e número: si, 6 lotes.

c) Lugar de entrega e instalación: almacén da Consellería de Cultura, Educación e Ordenación Universitaria, sito no Polígono Industrial de Toedo, Concello da Estrada (Pontevedra) ou no centro educativo que se sinale en función do volume de artigos para entregar.

d) Prazo de entrega: 30 días desde a formalización do contrato ou o prazo ofertado polo adxudicatario, se for inferior.

3. Tramitación e procedemento de adxudicación.

a) Tramitación: ordinaria.

b) Procedemento: aberto.

c) Forma de adxudicación: oferta máis vantaxosa tendo en conta os criterios que figuran nos números 15 e 16 do cadro de especificacións particulares do prego tipo de cláusulas adminitrativas.

4. Orzamento base de licitación.

Prezo: 206.855,40 euros (IVE excluído), IVE: 43.439,64 euros, cuxa distribución por lotes é a que se especifica no número 7 do cadro de especificacións particulares do prego tipo de cláusulas administrativas.

Importe total: 250.595,04 euros.

5. Garantías.

a) Provisional: non se exixe.

b) Definitiva: 5 % do orzamento de licitación (IVE excluído).

6. Requisitos específicos do contratista.

a) Clasificación da empresa: non.

b) Solvencia económica e financeira e solvencia técnica e profesional: ver o número 13 do cadro de especificacións particulares do prego tipo de cláusulas administrativas.

7. Obtención de documentación e información.

a) Entidade: Consellería de Cultura, Educación e Ordenación Universitaria. Secretaría Xeral Técnica.

b) Domicilio: Edificio Administrativo San Caetano, s/n, 15781 Santiago de Compostela.

c) Teléfono: 981 54 44 53/981 54 44 95.

d) Poderanse consultar e/ou obter os pregos así como a información correspondente a esta contratación no seguinte enderezo da internet:

www.contratosdegalicia.es/resultado.jsp?N=33783.

8. Presentación das ofertas.

a) Prazo de presentación: as proposicións presentaranse no prazo de dezaseis (16) días naturais contados desde o día seguinte ao da publicación da presente resolución no Diario Oficial de Galicia.

b) Hora límite de presentación: ata as 14.00 horas do último día de presentación de proposicións.

c) Documentación necesaria: a sinalada no prego tipo de cláusulas administrativas e no cadro de especificacións particulares do prego tipo.

d) Lugar de presentación:

1ª. Entidade: Rexistro Xeral da Xunta de Galicia ou por correo.

Cando a proposición se envíe por correo, o licitador deberá xustificar a data de imposición do envío na oficina de Correos e anunciar ao órgano de contratación a remisión da mencionada oferta mediante telegrama ou fax (881 99 91 49) no mesmo día.

2ª. Enderezo: Edificio Administrativo San Caetano, s/n.

3ª. Localidade e código postal: Santiago de Compostela 15781.

9. Apertura das ofertas.

a) Entidade: Consellería de Cultura, Educación e Ordenación Universitaria.

b) Enderezo: Edificio Administrativo San Caetano, s/n.

c) Localidade: Santiago de Compostela.

d) Data e hora: a apertura dos sobres B e C publicarase no perfil do contratante.

10. Gastos do anuncio: por conta do adxudicatario.

Santiago de Compostela, 10 de xuño de 2016

Jesús Oitavén Barcala
Secretario xeral técnico da Consellería de Cultura,
Educación e Ordenación Universitaria