Descargar PDF Galego | Castellano| Português

DOG - Xunta de Galicia -

Diario Oficial de Galicia
DOG Núm. 113 Mércores, 15 de xuño de 2016 Páx. 24572

VI. Anuncios

a) Administración autonómica

Servizo Galego de Saúde

RESOLUCIÓN do 6 de xuño de 2016, da Xerencia de Xestión Integrada de Lugo, Cervo e Monforte de Lemos, pola que se anuncia a licitación das obras de reforma de locais e de instalacións térmicas actuais con instalación de sistema de produción de calor mediante combustible de biomasa no Centro de Saúde de Quiroga, cofinanciadas polo Fondo Europeo de Desenvolvemento Rexional, no marco do programa operativo Feder-Galicia 2014-2020, mediante tramitación documentalmente simplificada.

1. Entidade adxudicadora. Datos xerais e datos para a obtención da información:

a) Organismo: Servizo Galego de Saúde. Xerencia de Xestión Integrada de Lugo, Cervo e Monforte de Lemos.

b) Dependencia que tramita o expediente: Servizo de Contratación Administrativa.

c) Obtención da documentación e información:

1º. Dependencia: Xerencia de Xestión Integrada de Lugo, Cervo e Monforte de Lemos. Servizo de Contratación Administrativa.

2º. Enderezo: Dr. Ulises Romero, nº 1, 2ª andar.

3º. Localidade e código postal: Lugo 27003.

4º. Teléfono: 982 29 62 29/60 57/60 47.

5º. Telefax: 982 29 65 92.

6º. Correo electrónico: ContratacionAdm.Eoxi.Lugo@sergas.es.

7º. Enderezo da internet do perfil do contratante: www.sergas.es.

8º. Data límite de obtención de documentación e información: ata as 14.00 horas do último día do prazo de presentación de ofertas.

d) Número de expediente: AB-EIL1-16-019.

2. Obxecto do contrato:

a) Tipo: obra.

b) Descrición: reforma dos locais e das instalacións térmicas actuais con instalación de sistema de produción de calor mediante combustible de biomasa no Centro de Saúde de Quiroga.

c) División por lotes e número de lotes/número de unidades: non.

d) Lugar de execución/entrega:

1º. Enderezo: centro de saúde de Quiroga.

2º. Localidade e código postal: Quiroga (Lugo) 27320.

e) Prazo de execución/entrega: a indicada na oferta do licitador. Máximo 60 días.

f) Admisión de prórroga: non.

g) Establecemento dun acordo marco (de ser o caso): non.

h) Sistema dinámico de adquisición (de ser o caso): non.

i) CPV (referencia de nomenclatura): 45331110-0.

3. Tramitación e procedemento:

a) Tramitación: ordinaria.

b) Procedemento: aberto.

c) Poxa electrónica: non.

d) Criterios de adxudicación: véxase o prego de cláusulas administrativas particulares.

4. Valor estimado do contrato: 54.656 euros.

5. Orzamento base de licitación. Importe neto: 54.656,00 euros. Importe total: 66.133,76 euros.

6. Garantías exixidas: definitiva: 5 % do importe de adxudicación, excluído o IVE.

7. Requisitos específicos do contratista:

a) Clasificación (grupo, subgrupo e categoría) (de ser o caso): véxanse os pregos.

b) Solvencia económica e financeira e solvencia técnica e profesional (de ser o caso): véxanse os pregos.

c) Outros requisitos específicos: véxanse os pregos.

d) Contratos reservados: non.

8. Presentación de ofertas ou de solicitudes de participación:

a) Data límite de presentación: as 14.00 horas do vixésimo sexto día natural, contado desde o seguinte ao da data de publicación no Diario Oficial de Galicia.

Se o último día de presentación ou envío das ofertas coincide en sábado ou día inhábil, na localidade de presentación, o dito prazo prorrogarase ata o primeiro día hábil seguinte.

b) Modalidade de presentación: a sinalada nos pregos.

c) Lugar de presentación:

1º. Dependencia: Rexistro Xeral do Hospital Universitario Lucus Augusti.

2º. Enderezo: Dr. Ulises Romero, nº 1, 2º andar.

3º. Localidade e código postal: Lugo 27003.

4º. Enderezo electrónico: ContratacionAdm.Eoxi.Lugo@sergas.es.

d) Número previsto de empresas que se pretende invitar para presentaren ofertas (procedemento restrinxido): non procede.

e) Admisión de variantes, se procede: non.

f) Prazo durante o cal o licitador estará obrigado a manter a súa oferta: dous (2) meses.

9. Apertura das ofertas:

a) Descrición: apertura pública.

b) Enderezo: sala 305 da Xerencia, no Hospital Universitario Lucus Augusti. Dr. Ulises Romero, nº 1, 3ª andar.

c) Localidade e código postal: Lugo 27003.

d) Data e hora: a publicada no perfil do contratante.

10. Gastos de publicidade: o pagamento do anuncio desta licitación será por conta do adxudicatario do contrato.

11. Data de envío do anuncio ao Diario Oficial de la Unión Europea (de ser o caso):

12. Outras informacións: véxase o prego de prescricións técnicas.

Lugo, 6 de xuño de 2016

Ramón Ares Rico
Xerente de Xestión Integrada de Lugo, Cervo e Monforte de Lemos