Descargar PDF Galego | Castellano| Português

DOG - Xunta de Galicia -

Diario Oficial de Galicia
DOG Núm. 112 Martes, 14 de xuño de 2016 Páx. 24199

III. Outras disposicións

Vicepresidencia e Consellería de Presidencia, Administracións Públicas e Xustiza

RESOLUCIÓN do 19 de maio de 2016, da Secretaría Xeral Técnica da Consellería de Presidencia, Administracións Públicas e Xustiza, pola que se dá publicidade aos convenios de colaboración subscritos por esta consellería no primeiro cuadrimestre do ano 2016.

O artigo 11 da Lei 4/2006, do 30 de xuño, de transparencia e boas prácticas na Administración pública galega (DOG núm. 136, do 14 de xuño) impón a cada consellería da Xunta de Galicia a obriga de publicar no Diario Oficial de Galicia unha relación dos convenios de colaboración subscritos no cuadrimestre anterior.

En consecuencia, e para dar cumprimento a esa obriga,

DISPOÑO:

Artigo 1

Dar publicidade á relación dos convenios subscritos pola Vicepresidencia e Consellería de Presidencia, Administracións Públicas e Xustiza nos meses de xaneiro, febreiro, marzo e abril do ano 2016, que se incorpora como anexo I a esta resolución.

Artigo 2

Dar publicidade á relación dos convenios subscritos pola Vicepresidencia e Consellería de Presidencia, Administracións Públicas e Xustiza nos meses de xullo, agosto, setembro, outubro, novembro e decembro do ano 2015, que se incorpora como anexo II a esta resolución.

Santiago de Compostela, 19 de maio de 2016

Beatriz Cuiña Barja
Secretaria xeral técnica da Consellería de Presidencia,
Administracións Públicas e Xustiza

ANEXO I

Convenios de colaboración subscritos pola Vicepresidencia e Consellería de Presidencia, Administracións Públicas e Xustiza nos meses de xaneiro, febreiro, marzo e abril de 2016

Convenio

Importe (€)

Data
de sinatura

Convenio de colaboración educativa entre a Universidade de Santiago de Compostela, a Fundación Santiago Apóstol de Ciencias Sociales (entidade xurídica titular da Escola Universitaria de Traballo Social) e a Vicepresidencia e Consellería de Presidencia, Administracións Públicas e Xustiza para a realización de prácticas académicas externas curriculares ou extracurriculares de alumnos do grao en Traballo Social.

0 €

18.1.2016

Convenio de colaboración en materia de formación continuada de xuíces e maxistrados entre o Consello Xeral do Poder Xudicial e a Xunta de Galicia para o ano 2016.

22.000 €

7.3.2016

Convenio de colaboración entre a Vicepresidencia e Consellería de Presidencia, Administracións Públicas e Xustiza e a Coordinadora galega de organizacións non gobernamentais para o desenvolvemento para a execución do proxecto «Fortalecemento da coordinadora galega de ONGD do ano 2016. Mellora das capacidades da coordinadora galega de ONGD de representación e fortalecemento das ONGD galegas e de planificación e orientación estratéxica da súa actividade cara a obxectivos comúns de transformación social e defensa da política pública de cooperación».

90.000 €

16.3.2016

Convenio de colaboración para a incorporación da Universidade da Coruña ao contrato centralizado para o servizo de comunicacións postais e telegráficas da Administración xeral da Comunidade Autónoma de Galicia.

0 €

18.3.2016

Convenio de colaboración para a incorporación da Universidade de Santiago de Compostela ao contrato centralizado para o servizo de comunicacións postais e telegráficas da Administración xeral da Comunidade Autónoma de Galicia.

0 €

18.3.2016

Convenio de colaboración para a incorporación da Universidade de Vigo ao contrato centralizado para o servizo de comunicacións postais e telegráficas da Administración xeral da Comunidade Autónoma de Galicia.

0 €

18.3.2016

Convenio de colaboración entre a Vicepresidencia e Consellería de Presidencia, Administracións Públicas e Xustiza e Cáritas Diocesana de Santiago de Compostela para o mantemento dun dispositivo para a atención e acollida de mulleres vítimas de explotación sexual e trata.

20.000 €

1.4.2016

Convenio de colaboración entre a Vicepresidencia e Consellería de Presidencia, Administracións Públicas e Xustiza e Cáritas Diocesana de Ourense para o mantemento dun dispositivo para a atención e acollida de mulleres vítimas de explotación sexual e trata.

20.000 €

1.4.2016

Convenio de colaboración entre a Vicepresidencia e Consellería de Presidencia, Administracións Públicas e Xustiza da Xunta de Galicia e a Asociación España con ACNUR (Comité Español do ACNUR, Axencia de Nacións Unidas para os Refuxiados) para a execución do proxecto «Acceso á auga potable para os/as refuxiados/as sudaneses no leste do Chad».

20.000 €

5.4.2016

Convenio de colaboración entre a Vicepresidencia e Consellería de Presidencia, Administracións Públicas e Xustiza e Cruz Vermella Española en materia de atención de emerxencias e protección cidadá.

0 €

5.4.2016

Convenio de colaboración entre a Vicepresidencia e Consellería de Presidencia, Administracións Públicas e Xustiza e a Fundación Galega contra o Narcotráfico para o mantemento da Liña 900.

17.000 €

11.4.2016

Convenio de colaboración entre a Vicepresidencia e Consellería de Presidencia, Administracións Públicas e Xustiza da Xunta de Galicia e o Colexio Oficial de Arquitectos de Galicia no desenvolvemento dun concurso de ideas, con intervención de xurado, para a redacción do anteproxecto de adaptación do complexo do antigo hospital xeral como futura cidade da xustiza de Vigo.

6.000 €

15.4.2016

Convenio de colaboración entre a Vicepresidencia e Consellería de Presidencia, Administracións Públicas e Xustiza e a Federación de Asociacións de Persoas Xordas de Galicia (FAXPG).

1.500 €

18.4.2016

Convenio de colaboración entre a Vicepresidencia e Consellería de Presidencia, Administracións Públicas e Xustiza e o Colexio Oficial de Psicoloxía de Galicia para a atención psicolóxica a mulleres que sofren violencia de xénero e, complementariamente, para as súas fillas e fillos menores e outras persoas do seu contorno familiar que vivan ou padezan situacións de violencia de xénero, e atención psicolóxica a homes con problemas de control da violencia no ámbito familiar.

154.600 €

20.4.2016

Convenio de colaboración entre a Vicepresidencia e Consellería de Presidencia, Administracións Públicas e Xustiza e a Asociación de Axuda ao Toxicómano «Érguete».

36.000 €

9.5.2016

Convenio de colaboración entre a Vicepresidencia e Consellería de Presidencia, Administracións Públicas e Xustiza e a Academia Galega de Xurisprudencia e Lexislación.

18.000 €

9.5.2016

Convenio de colaboración entre a Vicepresidencia e Consellería de Presidencia, Administracións Públicas e Xustiza e a Institución Benéfico-Social Padre Rubinos.

20.000 €

9.5.2016

ANEXO II

Convenios de colaboración subscritos pola Vicepresidencia e Consellería de Presidencia, Administracións Públicas e Xustiza nos meses de xullo, agosto, setembro, outubro, novembro e decembro de 2015

Convenio

Importe (€)

Data de sinatura

Convenio de colaboración entre o Consello Xeral do Poder Xudicial, a Vicepresidencia e Consellería de Presidencia, Administracións Públicas e Xustiza, o Ministerio Fiscal e máis a Universidade de Vigo para o desenvolvemento dun programa experimental de mediación familiar intraxudicial para o ano 2015 en Vigo.

40.000,00 €

13.7.2015

Convenio de cooperación entre a Xunta de Galicia e o Concello de Cabana de Bergantiños para a execución do proxecto denominado mellora da eficiencia enerxética na iluminación pública de prazas en Cabana de Bergantiños.

49.791,52 €

14.8.2015

Convenio de colaboración entre a Vicepresidencia e Consellería de Presidencia, Administracións Públicas e Xustiza e o Concello de Beade para a execución do proxecto denominado mellora do servizo de abastecemento de auga.

30.000,00 €

28.8.2015

Convenio de colaboración entre a Vicepresidencia e Consellería de Presidencia, Administracións Públicas e Xustiza e o Fondo Galego de Cooperación e Solidariedade para a execución do proxecto «Plan 2015: 10 anos de vacacións con traballo».

40.000,00 €

28.8.2015

Convenio de cooperación entre a Xunta de Galicia e a Mancomunidade do Ribeiro para a execución do proxecto denominado mellora do punto limpo e dotación de colectores de cartón na Mancomunidade do Ribeiro.

19.934,57 €

28.8.2015

Convenio de colaboración entre a Vicepresidencia e Consellería de Presidencia, Administracións Públicas e Xustiza, a Confederación Galega de Asociacións Veciñais «Rosalía de Castro» e as súas federacións veciñais.

65.000,00 €

4.9.2015

Convenio de colaboración entre a Vicepresidencia e Consellería de Presidencia, Administracións Públicas e Xustiza da Xunta de Galicia e o Colexio Territorial de Secretarios, Interventores e Tesoureiros da Administración Local de Ourense.

2.608,70 €

17.9.2015

Convenio de colaboración entre a Vicepresidencia e Consellería de Presidencia, Administracións Públicas e Xustiza e a Asociación Solidariedade Galega co Pobo Saharahuí (SOGAPS) para a realización do proxecto «Prestación de axuda sanitaria e dotación de material sanitario para o Hospital de Bojador e dotación da casa para os médicos na Wilaya de Bojador».

100.000,00 €

18.9.2015

Convenio de cooperación entre a Xunta de Galicia e o Concello de Baltar para a execución do proxecto denominado optimización enerxética en instalacións de iluminación pública.

18.000,00 €

14.10.2015

Addenda ao convenio de colaboración entre o Consello Xeral do Poder Xudicial, o Ministerio de Xustiza, a Vicepresidencia e Consellería de Presidencia, Administracións Públicas e Xustiza da Xunta de Galicia, a Universidade de Santiago de Compostela e a Fundación Santiago Apóstol de Ciencias Sociais para a realización de prácticas externas da Escola Universitaria de Traballo Social en xulgados e tribunais, subscrito con data do 27 de novembro de 2014.

0 €

27.11.2015

Convenio de cooperación entre a Xunta de Galicia e o Concello de Ferrol para a mellora das instalacións da casa de acollida de Ferrol.

31.365,73 €

7.12.2015

Convenio de colaboración entre a Vicepresidencia e Consellería de Presidencia, Administracións Públicas e Xustiza e Farmacéuticos Mundi para actuacións de acción humanitaria e de emerxencia.

50.000,00 €

17.12.2015

Convenio de colaboración parar a incorporación do Consello de Contas ao sistema autonómico de prestacións homologadas de contratación centralizada da Xunta de Galicia.

0 €

22.12.2015