Descargar PDF Galego | Castellano| Português

DOG - Xunta de Galicia -

Diario Oficial de Galicia
DOG Núm. 112 Martes, 14 de xuño de 2016 Páx. 24304

VI. Anuncios

a) Administración autonómica

Consellería de Sanidade

CÉDULA do 10 de maio de 2016, da Dirección Xeral de Saúde Pública, pola que se notifica a resolución do expediente sancionador 2015420AL-PO, por infracción en materia sanitaria.

Con data 25 de abril de 2016, o director xeral de Saúde Pública ditou resolución do expediente sancionador 2015420AL-PO incoado na Xefatura Territorial de Pontevedra á entidade La Despensa de Monxi, S.L.

Intentada a notificación deste acordo segundo o disposto no artigo 59 da Lei 30/1992, do 26 de novembro, de réxime xurídico das administracións públicas e do procedemento administrativo común, e non sendo posible a súa práctica, por medio desta cédula, e segundo o disposto no número 5 do referido artigo, notifícaselle á entidade La Despensa de Monxi, S.L. o contido da resolución que figura como anexo, para que poida ter coñecemento del.

Así mesmo, fáiselle saber o dereito que a asiste para interpor recurso de alzada ante o conselleiro de Sanidade, no prazo dun mes contado desde o día seguinte ao da publicación desta cédula, segundo establece o artigo 115 da Lei 30/1992, do 26 de novembro, e lémbrase o seu dereito a consultar o expediente, depositado nas dependencias da Dirección Xeral de Saúde Pública, sita en San Lázaro, s/n, Santiago de Compostela, e a obter, de ser o caso, copia del, segundo o previsto na letra a) do artigo 35 da citada Lei 30/1992, do 26 de novembro.

En caso de conformidade co contido desta resolución, o pagamento voluntario da sanción poderá facerse no seguinte prazo: 1) As notificadas entre os días 1 e 15 de cada mes, desde a data da notificación ata o día 20 do mes posterior ou, se este non for hábil, ata o inmediato día hábil seguinte; 2) As notificadas entre os días 16 e último de cada mes, desde a data da notificación ata o día 5 do segundo mes posterior ou, se este non for hábil, ata o inmediato día hábil seguinte. Todo isto mediante o ingreso que deberá efectuar en calquera oficina de Abanca; do BBVA, transacción 1316, NIF S1511001H, ou do Santander, empregando os impresos normalizados que se lle facilitarán nas dependencias desta dirección xeral. O pagamento voluntario porá fin ao expediente. De non facelo así, procederase ao seu cobramento pola vía de constrinximento.

Esta cédula expídese para que conste e lle sirva de notificación á interesada, en cumprimento do disposto no artigo 59.5 da xa citada Lei 30/1992, do 26 de novembro. Así mesmo, faise constar que a eficacia da notificación quedará supeditada á súa publicación no taboleiro de edictos único (TEU) do Boletín Oficial del Estado (BOE).

Santiago de Compostela, 10 de maio de 2016

Andrés Paz-Ares Rodríguez
Director xeral de Saúde Pública

ANEXO

Nº de expediente: 2015420AL-PO.

Denunciada: La Despensa de Monxi, S.L.

DNI/CIF: B36384048.

Último enderezo coñecido: estrada O Porriño, Redondela, km 4, Gándara, 36415 Mos.

Feito imputado: infracción en materia sanitaria.

Preceptos infrinxidos: artigos 3, 4.2 e 5 e capítulo I, puntos 1, 2 e 4; capítulo II, punto 1.a) e d) e capítulo VII, punto 1.a) do anexo II do Regulamento (CE) 852/2004, do 29 de abril, relativo á hixiene dos produtos alimenticios.

Tipificación: grave, segundo o artigo 35.b).2ª da Lei 14/1986, do 25 de abril, xeral de sanidade.

Sanción imposta: tres mil cinco euros e sete céntimos de euro (3.005,07 €).