Descargar PDF Galego | Castellano| Português

DOG - Xunta de Galicia -

Diario Oficial de Galicia
DOG Núm. 111 Luns, 13 de xuño de 2016 Páx. 24173

VI. Anuncios

c) Outros anuncios

Federación Galega de Piragüismo

ANUNCIO de modificación de estatutos.

Aprobada a modificación do artigo 35 dos estatutos da Federación Galega de Piragüismo na Asamblea Xeral extraordinaria do 16 de xaneiro de 2016, corrixidos erros pola Comisión Delegada mediante acordo do 8 de marzo e ratificada pola Secretaría Xeral para o Deporte na Resolución do 22 de marzo comunicada á Federación con data do 28 de marzo, procédese ao anuncio de modificación do artigo 35 dos estatutos e deposítase unha copia íntegra deles no Rexistro de Entidades Deportivas de Galicia.

Pontevedra, 31 de marzo de 2016

José Alfredo Bea García
Presidente da Federación Galega de Piragüismo