Descargar PDF Galego | Castellano| Português

DOG - Xunta de Galicia -

Diario Oficial de Galicia
DOG Núm. 111 Luns, 13 de xuño de 2016 Páx. 24128

VI. Anuncios

a) Administración autonómica

Consellería do Mar

ANUNCIO do 1 de xuño de 2016, da Xefatura Territorial da Coruña, polo que se notifica a substitución de instrutor do expediente Pesan 1 2012/1274-1 e un máis.

De conformidade co disposto nos artigos 59.5º e 61 da Lei 30/1992, do 26 de novembro, de réxime xurídico das administracións públicas e do procedemento administrativo común (BOE núm. 285, do 27 de novembro), logo de intentada sen éxito a notificación persoal a través do servizo de Correos, notifícaselles ás persoas interesadas que se sinalan no anexo deste anuncio a substitución de instrutor do expediente Pesan 1 2012/1274-1 e un máis.

A eficacia do acto queda supeditada á súa publicación no taboleiro de edictos único do Boletín Oficial del Estado, polo que o prazo para presentar alegacións se computará desde esa publicación.

As persoas interesadas poderán comparecer nas oficinas da sede da Xefatura Territorial da Coruña da Consellería do Mar, sitas na rúa Ramón y Cajal, 2, 5º, A Coruña, das 9.00 ás 14.00 horas, de luns a venres, para o coñecemento íntegro da substitución de instrutor e constancia de tal coñecemento.

O procedemento desenvolverase de conformidade co principio de acceso permanente. Para estes efectos, en calquera momento do procedemento as persoas interesada teñen dereito a coñecer o seu estado de tramitación e a acceder e obter copias dos documentos contidos nel, ao abeiro do artigo 3.1 do Real decreto 1398/1993, do 4 de agosto (BOE núm. 189, do 9 de agosto).

Sen prexuízo do anterior, as persoas interesadas dispoñen dun prazo de quince (15) días para achegaren cantas alegacións, documentos ou informacións xulguen pertinentes e, de ser o caso, propoñeren proba concretando os medios de que pretendan valerse, segundo o disposto no artigo 16.1 do Real decreto 1398/1993, do 4 de agosto.

A Coruña, 1 de xuño de 2016

Juan Carlos Barreiro González
Xefe territorial da Coruña

ANEXO

Expediente: Pesan 1 2012/1274-1.

Persoa interesada: Bohdan Kunystsky.

Acto de notificación: substitución de instrutor.

Último enderezo coñecido: rúa Os Irmandiños, 28, 15960 Ribeira (A Coruña).

Expediente: Pesan 1 2012/1275-1.

Persoa interesada: Stanislav Dyomin.

Acto de notificación: substitución de instrutor.

Último enderezo coñecido: rúa Clara Campoamor, 4, 1º A, 15960 Ribeira (A Coruña).