Descargar PDF Galego | Castellano| Português

DOG - Xunta de Galicia -

Diario Oficial de Galicia
DOG Núm. 111 Luns, 13 de xuño de 2016 Páx. 24132

VI. Anuncios

a) Administración autonómica

Consellería do Mar

ANUNCIO do 1 de xuño de 2016, da Dirección Xeral de Pesca, Acuicultura e Innovación Tecnolóxica, polo que se notifica a resolución pola que se acorda o inicio do procedemento PE627A-INI-EXTINC EXP. EXT-2016/0000100-AUT 20/2007.

De conformidade co disposto nos artigos 59.5 e 61 da Lei 30/1992, do 26 de novembro, de réxime xurídico das administracións públicas e do procedemento administrativo común (BOE núm. 258, do 27 de novembro), despois de tentada sen éxito a notificación persoal a través do servizo de Correos, notifícaselle ao interesado, por medio do presente anuncio publicado no Diario Oficial de Galicia (DOG) e no Boletín Oficial del Estado (BOE), a resolución pola que se acorda o inicio do procedemento que se sinala no anexo.

A eficacia do acto queda supeditada á súa publicación no taboleiro de edictos único do Boletín Oficial del Estado (TEU do BOE).

O interesado/a poderá comparecer no prazo de quince (15) días hábiles contados desde o seguinte ao da publicación deste anuncio, nas oficinas da sede da Dirección Xeral de Pesca, Acuicultura e Innovación Tecnolóxica, sita no Edificio Administrativo San Caetano, s/n, Santiago de Compostela, das 9.00 ás 14.00 horas, de luns a venres, para o coñecemento íntegro do procedemento e en cuxo acordo de inicio se establece a posibilidade de formular as alegacións, presentar os documentos e xustificacións que coide pertinentes.

Santiago de Compostela, 1 de xuño de 2016

Juan Carlos Maneiro Cadillo
Director xeral de Pesca, Acuicultura e Innovación Tecnolóxica

ANEXO

Expediente: PE627A-INI-EXTINC EXP. EXT-2016/0000100-AUT 20/2007.

Interesada: Armadora do Rosal, S.L.

Acto de notificación: resolución pola que se acorda o inicio do procedemento de extinción da autorización de primeira venda de produtos pesqueiros que no son obxecto de primeira venda en lonxa.

Último enderezo coñecido: r/ Vicenta Rodríguez Cachada, 19, 36780 A Guarda-Pontevedra.