Descargar PDF Galego | Castellano| Português

DOG - Xunta de Galicia -

Diario Oficial de Galicia
DOG Núm. 111 Luns, 13 de xuño de 2016 Páx. 24117

VI. Anuncios

a) Administración autonómica

Consellería do Medio Rural

ANUNCIO do 25 de maio de 2016, da Dirección Xeral de Desenvolvemento Rural, polo que se notifica un trámite de audiencia realizado como consecuencia dun recurso de alzada interposto contra o acordo de concentración parcelaria de Serantes, Niñodaguia, 2º sector (Santiso-A Coruña).

De conformidade co disposto nos artigos 59.5 e 61 da Lei 30/1992, do 26 de novembro, de réxime xurídico das administracións públicas e do procedemento administrativo común, logo de intentada a notificación sen que se puidese practicar, notifícase á persoa interesada, por medio do presente anuncio publicado no Boletín Oficial del Estado (BOE), o acto administrativo sinalado no anexo.

Así mesmo, este anuncio publicarase no Diario Oficial de Galicia, ben que a eficacia do acto notificado quedará supeditada á súa publicación no BOE.

Para coñecer o contido íntegro do acto que se notifica, a interesada poderá comparecer nas dependencias da Dirección Xeral de Desenvolvemento Rural, situadas en San Caetano, s/n, das 9.00 ás 14.00 horas.

Santiago de Compostela, 25 de maio de 2016

Miguel Ángel Pérez Dubois
Director xeral de Desenvolvemento Rural

ANEXO

Interesada

Acto que se notifica

Zona de concentración parcelaria

Mª del Pilar Cagide Liñeira

Trámite de audiencia

Serantes-Niñodaguia-2º sector (Santiso-A Coruña)