Descargar PDF Galego | Castellano| Português

DOG - Xunta de Galicia -

Diario Oficial de Galicia
DOG Núm. 111 Luns, 13 de xuño de 2016 Páx. 24101

VI. Anuncios

a) Administración autonómica

Consellería de Medio Ambiente e Ordenación do Territorio

ANUNCIO do 20 de maio de 2016, da Xefatura Territorial da Coruña, polo que se emprazan os interesados para seren notificados por comparecencia no expediente en materia de residuos CO-RES-2014-0056 e cinco máis.

De conformidade co disposto no artigo 59.5 da Lei 30/1992, do 26 de novembro, de réxime xurídico das administracións públicas e do procedemento administrativo común, despois de intentada a notificación persoal dúas veces, emprázanse os interesados que se sinalan no anexo para seren notificados por comparecencia segundo o disposto no artigo 61.

Os actos foron adoptados pola xefa territorial e pola instrutora.

A comparecencia deberase efectuar, no prazo de dez (10) días, contados desde o seguinte ao da publicación deste anuncio, na Xefatura Territorial, sita no Edificio Administrativo Monelos, Vicente Ferrer, 2, 5º, A Coruña, das 9.00 ás 14.00 horas, de luns a venres.

Transcorrido o devandito prazo sen efectuarse a comparecencia, a notificación entenderase producida o día seguinte ao da publicación deste anuncio no Boletín Oficial del Estado.

A eficacia do presente anuncio queda supeditada á súa publicación no taboleiro de edictos único do Boletín Oficial del Estado.

A Coruña, 20 de maio de 2016

Cristina Carrión Rodríguez
Xefa territorial da Coruña

ANEXO

Expediente: CO-RES-2014-0056.

Interesada: Restauración de Tejados y Fachadas de Galicia, S.L.

Acto notificado: 3ª multa coercitiva.

Expediente: CO-RES-2015-0282.

Interesado: Spataru Mihail.

Acto notificado: proposta de resolución.

Expediente: CO-RES-2015-0283.

Interesada: Marian Vaduva.

Acto notificado: proposta de resolución.

Expediente: CO-RES-2015-0287.

Interesado: Víctor José Acuña Baldomir.

Acto notificado: proposta de resolución.

Expediente: CO-RES-2015-0289.

Interesado: Manuel Ángel Insua Lago.

Acto notificado: proposta de resolución.

Expediente: CO-RES-2016-0009.

Interesado: Nicusor Mustafa.

Acto notificado: proposta de resolución.