Descargar PDF Galego | Castellano| Português

DOG - Xunta de Galicia -

Diario Oficial de Galicia
DOG Núm. 111 Luns, 13 de xuño de 2016 Páx. 24163

VI. Anuncios

a) Administración autonómica

Axencia Galega de Servizos Sociais

RESOLUCIÓN do 8 de xuño de 2016 pola que se anuncia a contratación do servizo público, na modalidade de concesión, da xestión e dirección da Escola Infantil 0-3 San Paio, en Vigo, mediante procedemento aberto e tramitación ordinaria.

A Axencia Galega de Servizos Sociais, unha vez cumpridos os trámites correspondentes, resolve anunciar a contratación que a seguir se cita:

1. Entidade adxudicadora:

a) Organismo: Axencia Galega de Servizos Sociais.

b) Dependencia que tramita o expediente: Axencia Galega de Servizos Sociais.

c) Número de expediente: PA 01/2016.

2. Obxecto do contrato:

a) Descrición do obxecto: contratación do servizo público, na modalidade de concesión, da xestión e dirección da Escola Infantil 0-3 San Paio en Vigo, por procedemento aberto e tramitación ordinaria.

b) Lugar de execución: Vigo.

c) Prazo de execución: desde o 1 de setembro de 2016 ata o 31 de agosto de 2017.

3. Tramitación e procedemento:

a) Tramitación: ordinaria.

b) Procedemento: aberto.

4. Orzamento base de licitación: ascende a cincocentos corenta mil euros (540.000 €), exento de IVE.

5. Garantía provisoria: non.

6. Obtención de documentación e información:

a) Entidade: Axencia Galega de Servizos Sociais.

b) Enderezo: Edificio Administrativo San Lázaro s/n.

c) Localidade e código postal: Santiago de Compostela 15781.

d) Teléfono: 981 54 56 18-981 54 46 55.

e) Fax: 981 54 56 34.

f) Data límite da obtención de documentos e información: ata o día de finalización do prazo de presentación de proposicións.

7. Requisitos específicos do contratista:

Solvencia económica, financeira e solvencia técnica ou profesional: ver cláusula 5.3.2.1, documentación administrativa do sobre A do prego de cláusulas administrativas.

8. Presentación de ofertas ou das solicitudes de participación:

a) Data límite de presentación: quince días naturais contados a partir do seguinte ao da publicación da presente resolución no Diario Oficial de Galicia.

b) Documentación que hai que presentar: a sinalada no prego de cláusulas administrativas particulares.

c) Lugar de presentación:

1º. Entidade: Oficina do Rexistro Único e Información da Xunta de Galicia, no Complexo Administrativo de San Caetano s/n.

2º. Localidade e código postal: Santiago de Compostela, 15781.

d) Admisión de variantes: non.

9. Apertura de ofertas:

a) Entidade: sala de xuntas da Consellería de Política Social.

b) Enderezo: Edificio Administrativo San Caetano s/n.

c) Localidade: Santiago de Compostela.

d) Data e hora de apertura: publicarase no perfil do contratante.

10. Gastos de anuncios: 10,82 € por liña publicada no DOG.

11. Portal informático ou páxina web onde figuren as informacións relativas á convocatoria ou onde poidan obterse os pregos:

http://www.contratosdegalicia.es/resultado.jsp?N=31173

Santiago de Compostela, 8 de xuño de 2016

Mª Amparo González Méndez
Directora da Axencia Galega de Servizos Sociais