Descargar PDF Galego | Castellano| Português

DOG - Xunta de Galicia -

Diario Oficial de Galicia
DOG Núm. 111 Luns, 13 de xuño de 2016 Páx. 24142

VI. Anuncios

a) Administración autonómica

Axencia para a Modernización Tecnolóxica de Galicia

RESOLUCIÓN do 7 de xuño de 2016 pola que se anuncia a licitación, suxeita a regulación harmonizada, mediante acordo marco cun único empresario, polo procedemento aberto e tramitación ordinaria, da subministración de bens, de forma sucesiva e por prezo unitario, de cableame estruturado para a rede corporativa da Xunta de Galicia (expediente 54/2016).

1. Entidade adxudicadora.

a) Organismo: Axencia para a Modernización Tecnolóxica de Galicia.

b) Dependencia que tramita o expediente: Departamento de Contratación.

c) Número de expediente: 54/2016.

2. Obxecto do contrato.

a) Descrición do obxecto: subministración, de forma sucesiva e por prezo unitario, de cableame estruturado de comunicacións para a mellora das redes de área local nos edificios conectados á rede corporativa da Xunta de Galicia. Empregará principalmente tecnoloxía de cableame de fibra óptica 0M4 e cableame de rede de par trenzado categoría 6 e categoría 6A.

b) División por lotes e número: non.

c) Prazo e lugar de entrega: este acordo marco estará vixente durante dous anos contados a partir da data da súa formalización.

d) Admisión de prórroga: si.

3. Tramitación e procedemento de adxudicación.

a) Tramitación: ordinaria.

b) Procedemento: aberto.

4. Valor estimado: o valor estimado do acordo marco é de 2.975.206,62 € (dous millóns novecentos setenta e cinco mil douscentos seis euros con sesenta e dous céntimos).

5. Garantía provisional: non se exixe.

6. Obtención da documentación e da información.

a) Entidade: Axencia para a Modernización Tecnolóxica de Galicia.

b) Dirección: Monte Gaiás, s/n.

c) Localidade e código postal: Santiago de Compostela 15781.

d) Teléfono: 981 54 52 86.

e) Fax: 981 54 52 74.

f) Perfil do contratante: http://www.contratosdegalicia.es/resultado.jsp?N=32981.

g) Data límite de obtención de documentos e da información: ata o último día de presentación das proposicións.

7. Requisitos específicos do contratista: véxase o prego de cláusulas administrativas particulares.

8. Presentación de ofertas.

a) Data límite de presentación: o prazo de admisión de proposicións rematará o día 6.7.2016, de acordo co establecido no artigo 159 do Real decreto lexislativo 3/2011, do 14 de novembro, polo que se aproba o texto refundido da Lei de contratos do sector público.

b) Documentación que deberá presentarse: a indicada no prego de cláusulas administrativas particulares.

c) Lugar de presentación:

1º. Entidade: Rexistro da Amtega.

2º. Enderezo: Edificio Cinc, Monte Gaiás, s/n.

3º. Localidade e código postal: Santiago de Compostela 15781.

Cando a proposición se envíe por correo deberá cumprirse o establecido no punto 10.2 do prego de cláusulas administrativas particulares.

d) Admisión de variantes: non se admiten.

9. Apertura das ofertas.

O lugar, o día e a hora de apertura da documentación relativa aos sobres B e C indicarase no perfil do contratante.

10. Criterios que servirán de base para a adxudicación do contrato e a súa ponderación: os sinalados no punto 8 do prego de cláusulas administrativas particulares.

11. Gastos dos anuncios: serán por conta do adxudicatario.

12. Data de envío do anuncio previo ao DOUE: 3 de marzo de 2016.

13. Data de envío do anuncio de licitación ao DOUE: 7 de xuño de 2016.

Santiago de Compostela, 7 de xuño de 2016

Mar Pereira Álvarez
Directora da Axencia para a Modernización Tecnolóxica de Galicia