Descargar PDF Galego | Castellano| Português

DOG - Xunta de Galicia -

Diario Oficial de Galicia
DOG Núm. 111 Luns, 13 de xuño de 2016 Páx. 24150

VI. Anuncios

a) Administración autonómica

Instituto Galego de Consumo

ANUNCIO do 3 de xuño de 2016, do Servizo de Consumo de Lugo, polo que se empraza o interesado para ser notificado por comparecencia na segunda citación 15R001-3020-2015.

De conformidade co disposto no artigo 59.5 en relación co artigo 61 da Lei 30/1992, do 26 de novembro, de réxime xurídico das administracións públicas e do procedemento administrativo común, e no artigo 114 da Lei 2/2012, do 28 de marzo, galega de protección xeral das persoas consumidoras e usuarios, logo de intentada a notificación persoal de acordo co disposto no citado artigo 59, sen que esta se puidese practicar, emprázase o interesado que se sinala no anexo para ser notificado por comparecencia.

O acto foi adoptado pola Inspección de Consumo de Lugo.

A comparecencia deberá efectuarse no prazo de dez (10) días contados desde o seguinte ao da publicación deste anuncio no BOE, ante o Servizo de Consumo de Lugo, con enderezo na rolda da Muralla, nº 70, Lugo, das 9.00 ás 14.00 horas, de luns a venres.

Transcorrido o dito prazo sen efectuarse a comparecencia, a notificación entenderase producida desde o día seguinte ao do vencemento do prazo sinalado para comparecer.

Lugo, 3 de xuño de 2016

Manuel Ángel Barros González
Xefe do Servizo de Consumo de Lugo

ANEXO

Expediente: 15R001-3020-2015.

Interesado: Julio Medín Fernández.

CIF/NIF: 76583023J.

Acto notificado: segunda citación.