Descargar PDF Galego | Castellano| Português

DOG - Xunta de Galicia -

Diario Oficial de Galicia
DOG Núm. 111 Luns, 13 de xuño de 2016 Páx. 24152

VI. Anuncios

a) Administración autonómica

Instituto Galego da Vivenda e Solo

ANUNCIO do 30 de maio de 2016, da Área Provincial da Coruña, polo que se empraza o interesado para ser notificado por comparecencia no expediente VP-C 9/16.

Logo de intentada a notificación persoal nos termos establecidos no artigo 59.2 da Lei 30/1992, do 26 de novembro, de réxime xurídico das administracións públicas e do procedemento administrativo común, e de conformidade co disposto nos seus artigos 59.5 e 61, emprázase o interesado que se sinala no anexo para ser notificado por comparecencia.

O acto adoptouno a Xefatura Territorial da Coruña da Consellería de Infraestruturas e Vivenda.

A comparecencia deberá efectuarse no prazo de dez días, contados desde o seguinte ao da publicación deste anuncio no taboleiro de edictos único (TEU) do BOE, na xefatura da Área Provincial do Instituto Galego da Vivenda e Solo, rúa Vicente Ferrer, 2, andar 9º, ala sur, concello da Coruña, das 9.00 ás 14.00 horas, de luns a venres.

Transcorrido o dito prazo sen efectuar a comparecencia, a notificación entenderase producida desde o día seguinte ao da publicación no TEU do BOE.

A Coruña, 30 de maio de 2016

A xefa da Área Provincial da Coruña
P.S. (Resolución do 2.5.2016)
Valeriano Rosales Escuredo
Xefe do Servizo Técnico da Coruña

ANEXO

VP-C 9/16.

Denunciado: Eduardo Anidos Fernández (representante de Promociones y Construcciones Anidos, S.L).

Acto notificado: acordo de incoación do procedemento sancionador en materia de vivenda.