Descargar PDF Galego | Castellano| Português

DOG - Xunta de Galicia -

Diario Oficial de Galicia
DOG Núm. 111 Luns, 13 de xuño de 2016 Páx. 24154

VI. Anuncios

a) Administración autonómica

Portos de Galicia

ACORDO do 9 de maio de 2016, da Zona Norte, polo que se somete a información pública a solicitude dunha concesión administrativa dentro do porto de Cedeira, por parte de Unión Fenosa Distribución, S.A., con destino a ocupación de dominio público portuario por liñas de media e baixa tensión e centros de transformación.

José Antonio Fernández Amaro, actuando en nome e representación de Unión Fenosa Distribución, S.A., presenta escrito de solicitude dunha concesión administrativa dentro do porto de Cedeira con destino a ocupación de dominio público portuario por liñas de media e baixa tensión e centros de transformación.

O que se fai público, para os efectos previstos no artigo 85 do Real decreto lexislativo 2/2011, do 5 de setembro, polo que se aproba o texto refundido da Lei de portos do Estado e da mariña mercante (BOE núm. 253, do 20 de outubro), para que as persoas e entidades interesadas poidan examinar o expediente e presentar por escrito as alegacións que consideren oportunas nas oficinas da Xefatura da Zona Norte, sitas na rúa Nicomedes Pastor Díaz, nº 13, 27001 Lugo, no prazo de vinte (20) días hábiles, contados a partir do seguinte ao da publicación do presente anuncio no Diario Oficial de Galicia.

Lugo, 9 de maio de 2016

Antonio López Fernández
Enxeñeiro xefe da Zona Norte