Descargar PDF Galego | Castellano| Português

DOG - Xunta de Galicia -

Diario Oficial de Galicia
DOG Núm. 110 Venres, 10 de xuño de 2016 Páx. 23769

VI. Anuncios

a) Administración autonómica

Centro Informático para a Xestión Tributaria, Económico-Financeira e Contable

RESOLUCIÓN do 6 de xuño de 2016 pola que se anuncia a corrección de erros do prego de prescricións técnicas publicado mediante a Resolución do 27 de maio de 2016 pola que se anuncia a contratación da subministración de equipamento de servidores, cofinanciada con cargo ao programa operativo Feder Galicia 2014-2020, mediante tramitación documentalmente simplificada.

No DOG núm. 104, do 2 de xuño de 2016, publicouse a Resolución do 27 de maio de 2016 pola que se anunciaba a contratación da subministración de equipamento de servidores, cofinanciado con cargo ao programa operativo Feder Galicia 2014-2020, mediante tramitación documentalmente simplificada.

Advertido erro no prego de prescricións técnicas, na páxina nº 1, cláusula 2.1. Servidores tipo A, realízase a seguinte corrección:

1. Onde di: «Montaxe en rack, cun tamaño máximo de 2U»; debe dicir: «Montaxe en rack, cun tamaño máximo de 4U».

2. Como consecuencia do dito erro, lévase a cabo a corrección citada, que se publica no seguinte enderezo do perfil de contratante:

http://www.contratosdegalicia.es/resultado.jsp?N=31443.

3. Esta corrección afecta o prazo de presentación de ofertas recollido no número 10 da Resolución do 27 de maio de 2016, que queda do seguinte modo:

a) Data límite de presentación:

1. Ofertas presentadas a través do Sistema de licitación electrónica da Xunta de Galicia (Silex): o prazo de presentación rematará ás 14.00 horas do día 23 de xuño de 2016.

2. Ofertas presentadas en sobre pechado: o prazo de presentación rematará ás 14.00 horas do día 23 de xuño de 2016. Cando a proposición se envíe por correo, o licitador deberá xustificar a data de imposición do envío na oficina de Correos e comunicarlle ao órgano de contratación a remisión da citada oferta mediante telegrama ou fax (981 54 12 70) no mesmo día.

Santiago de Compostela, 6 de xuño de 2016

M. Mauro Fernández Dabouza
Director xeral do Centro Informático para a Xestión Tributaria,
Económico-Financeira e Contable